14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas pon en marcha un campamento de verán para mocidade

    Ponteareas pon en marcha un campamento de verán para mocidade

    A Concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, vén de anunciar a posta en marcha de “ActivaTea”, un campamento de verán para mozas e mozos de entre 13 e 17 anos. As actividades desenvolveranse ao aire libre os martes, xoves e sábados en horario de 10 a 14 horas, e dividiranse en dúas quendas a escoller, do 28 de xullo ao 15 de agosto e do 18 de agosto ao 5 de setembro, cun prezo de 15€.

    Facilitar a volta á actividade das mozas e mozos ofertándolle espazos de lecer e socialización seguros e saudables, fomentar a súa autonomía e desenvolvemento social ou promover o traballo en equipo adaptándose á situación actual son algúns dos obxectivos deste campamento. Así mesmo, dado que as actividades se realizarán en espazos naturais e abertos, ActivaTea tamén procurará dar a coñecer e valorizar espazos de interese existentes en Ponteareas.

    “O campamento desenvolverá múltiples actividades e enfocarase dende unha perspectiva lúdica e participativa, tendo sempre presente a compoñente formativa e educativa”, sinalou Miguel Bouzó, que destacou que “as mozas e mozos serán partícipes en todo momento do deseño das actividades, fomentando a convivencia e primando así a interacción e socialización do grupo mantendo as medidas sanitarias e de prevención derivadas da Covid-19”.

    O concelleiro de Mocidade indicou que “este campamento está orientado a unha franxa de idade que habitualmente require unha maior oferta lúdica e formativa, como nos teñen trasladado as mozas e mozos participantes no Consello da Infancia e Adolescencia. Deste xeito, ActivaTea súmase ás iniciativas que levamos posto en marcha dende o goberno local para favorecer a conciliación entre a vida familiar e laboral das familias do noso concello”.

    As persoas interesadas poderán recibir máis información ou inscribirse na OMIX, situada na Biblioteca Municipal, a través do enderezo electrónico omix@ponteareas.gal ou no teléfono 986 660 765.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.