19.9 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Concello de Ponteareas acláralle ao PP que non conta "con ningún...

    O Concello de Ponteareas acláralle ao PP que non conta “con ningún can policía”

    Os populares acusaban ao Goberno local de ter un can policía "non operativo por falta de formación e medios" e que o Concello gastaba os cartos "nun can que non existe e que os axentes non poden utilizar"

    O Concello de Ponteareas aclarou que “non conta con ningún can policía” saíndo así ao paso das acusacións realizadas polo Partido Popular nas que afirmaba que o can “non está operativo por falta de formación e medios”, que o Concello gasta cartos “nun can que non existe” e que os axentes non o poden utilizar.

    Segundo informa o goberno municipal, o concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, decidíu no mes de febreiro poñer fin á cesión do can policía que fora contratado pola Concellaría de Seguridade Cidadá no anterior mandato.

    Mera, tras ser informado da existencia do contrato, solicitou en xaneiro un informe á xefatura da Policía Local sobre a necesidade do can. Ese informe elaborado no mesmo mes de xaneiro desminte as acusacións do PP cando afirma que o can “nunca foi utilizado”.

    Segundo o Oficial da Policía Local “en servizo utilizouse o can, por exemplo nas festas de Corpus ou no turno de noite, dando un resultado aceptable”. No mesmo informe explícanse os motivos polos que no seu día se realizou a cesión do can e se aclara que “existían axentes con titulación da Academia Galega de Seguridade para a condución do can en intervencións e outros axentes participaran en sesións de adestramento”. O informe conclúe que o traslado deses axentes a outros concellos conleva a falta de uso do can, motivo polo cal o Concello puxo fin a esa cesión do animal hai xa case medio ano.

    O goberno local lamenta que o Partido Popular “faga acusacións sen rigor e non se informe debidamente, faltando ademais á verdade”.

    Respecto á escasez de persoal na Policía Local, Mera lembrou que é un problema que se arrastra desde hai moitos anos, ao que o goberno está dando solución pois “se incorporaron 4 axentes novos neste ano, está aberto o proceso de selección na academia de 3 axentes máis e un oficial, e se aprobou a oferta de emprego público de dúas prazas máis neste ano 2020 de tal maneira que entre este ano e o vindeiro o cadro de persoal aumentará en dez axentes”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.