O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de solicitarlle ao Concello de Ponteareas a creación dun Consello Municipal de Medio Ambiente, un órgano do que farían parte entidades sociais e persoas a título individual do concello e que analizaría diferentes cuestións ambientais, con decisións e propostas vinculantes para o Goberno de turno.
A concelleira de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, Eva Gil, deu conta do resultado do concurso/sorteo “Eu Creo Na Casa” desenvolvido durante o confinamento, consistente na entrega dun total de 96 premios para consumir no comercio e hostalería local. Os agasallos están divididos en dúas categorías: 22 vales de compra de 50 euros, 2 en cada unha das categorías de participación que máis ‘Gústame’ obtiveron durante o concurso; e 74 agasallos de 20 € de compra para as persoas gañadoras dos sorteos realizados por participar en cada unha das categorías.
As Concellarías de Lingua e Promoción Económica do Concello de Ponteareas, que dirixen Fernando Groba e Eva Gil, respectivamente, convocan a II edición do Premio 'Ponteareas, Lingua e Empresa' co obxectivo de recoñecer as empresas que usan a lingua galega na actividade económica. Segundo Fernando Groba, este premio ten como finalidade "promover o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de Ponteareas, estender o seu uso nas relacións laborais, comerciais e empresariais, e recoñecer publicamente a contribución ao aumento e mellora do uso social do galego desde este sector".
As veciñas e veciños de Ponteareas e da comarca do Condado e A Paradanta terán a partir do vindeiro día 16 de agosto unha nova ambulancia 24 h que se unirá a xa existente. Esta mellora foi valorada positivamente polo PSOE ponteareán que agradece á empresa adxudicataria "que contemplara esta ampliación como unha mellora a propoñer para o servizo que se presta no noso concello e que o PP retirou hai uns anos".
O goberno local saíu ao paso das críticas da oposición e defendeu o labor da Policía Local, a súa eficacia e o nivel de seguridade cidadá en Ponteareas. O concelleiro de Bo Goberno e de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, lembrou que na pasada fin de semana a Policía Local detivo a dúas persoas que agrediran a un veciño nunha terraza do Paseo Matutino.
O PP de Ponteareas denunciou hoxe o "mal estado e abandono" no que, ao seu entender atópase a Freixa e "comparte o malestar que denuncian os veciños pola suciedade da auga na propia praia fluvial derivada da acumulación de restos de follas e polvo que se producen pola colocación dunha 'corchera' ano tras ano".
O Departamento de Cultura e Xuventude do Concelllo de Mondariz informa que xa está aberto o prazo para inscribirse na RUTA ETNOGRÁFICA: A CADA PASO POLA BEIRA DO RÍO XABRIÑA, que se vai a realizar o venres 21 de agosto ás 18.30h.
A alcaldesa en función, Cristina F. Davila, convida a toda a infancia e mocidade a sacarlle o máximo partido ao novo espazo creado para eles e elas na páxina web municipal co obxectivo de facilitarlles a súa participación. Desde a creación do consello municipal de infancia e adolescencia, os nenos, nenas e adolescentes representantes dos distintos centros escolares teñen a oportunidade de expoñer directamente ao goberno municipal a súa opinión sobre aqueles aspectos que máis lle preocupan, así como de achegar as propostas de solución que consideran máis oportunas en cada caso.
A concellaría de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera continua coa súa campaña informativa sobre a reordenación de espazos peonís e tráfico prevista para un total de 14 rúas durante o mes de agosto. Tras concluir o proceso na zona oeste da vila, no entorno do Mercado Municipal, agora a campaña lévase a cabo na zona leste.
O Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven de reunirse ao longo de toda mañá de hoxe na procura dunha solución urxente para tratar as novas noticias que chegan dende a Consellería de Sanidade, informando a situación de un rebrote de coronavirus no Concello. Si ben é certo que ao día de hoxe ese rebrote pertence a tres membros dunha mesa familia, tamén é certo que non temos coñecemento da movilidade, lugar e forma de contaxio dos mesmos
O Goberno municipal das Neves segue adiante coa posta en marcha do convenio asinado coa Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA) para a limpeza das franxas de protección nos núcleos das parroquias de Liñares, Tortoreos e As Neves.
A Asociación Ponte Solidario vén de facer un chamamento á colaboración para paliar a "urxencia sanitaria" que vive a Asociación. A actividade de Ponte...
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.