A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da mobilidade e seguridade viaria na contorna do centro urbano e de equipamentos de Mondariz, unha actuación ao abeiro do Plan DepoRemse da Deputación que hoxe visitou a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, acompañada polo alcalde, Xosé Emilio Barros, e o deputado provincial Santos Héctor.
O goberno municipal do BNG e PSOE lembrou que a “a rede de calor con biomasa é un proxecto exemplar, de vangarda, inócuo, feito con rigor técnico e legal e que conta con todos os informes legais e técnicos favorabeis e o apoio da Unión Europea”.
A Asociación Lazoiro de Salvaterra de Miño vén de denunciar o traballo que está a realizar maquinaria pesada na zona do Castelo de Santiago Aitona, declarado como BIC con referencia RI-51-0008972. Trátase –explica Lazoiro– "dunha fortificación abaluartada realizada en terra e situada no lugar do Casal, nun estado de abandono por parte da administración e sen ningún tipo de sinalización".
Este venres, 4 de setembro a partir das 21 horas, terá lugar en Ponteareas unha proba de orientación nocturna organizada pola Concellería de Mocidade que xestiona Miguel Bouzó e incluída dentro do programa de actividades 'Mocidade Viva'. A proba desenvolverase baixo estritas normas de seguridade sanitaria e distanciamento social.
Ismael Romero Ucha, integrante do 'Pontebike Team', club de Enduro recentemente creado en Ponteareas vén de ser seleccionado para participar coa Selección Galega no Campionato de España de Enduro que se celebrará os dias 12 e 13 de Setembro en Castejón de Sos, en Huesca, en plenos Pirineos Aragoneses.
A Policía Local desenvolveu o pasado sábado un amplo operativo de inspección da venda ambulante na feira de Ponteareas detectando preto dunha trintena de infraccións que foron obxecto da correspondente denuncia.
'Guía de itinerarios en bicicleta' e 'Monitor deportivo especializado en adestramento con soporte musical' son as dúas accións formativas que o proxecto Tic Emprendes vai desenvolver no concello de Mondariz co obxectivo de axudar á inserción laboral das persoas mozas deste municipio. As especialidades foron elixidas despois dunha enquisa entre a poboación obxectivo desta iniciativa da Deputación de Pontevedra financiada polo Fondo Social Europeo.
A concelleira de Eventos, Cristina Fernández, e o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, deron conta xunto ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, das principais actividades que conformarán unhas festas de setembro que se celebrarán con limitacións de aforo e garantindo as medidas sanitarias a adoptar fronte á Covid-19.
A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 21.325,31 euros a catro concellos da comarca do Condado coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Salvaterra de Miño os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.
A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, vén de informar de que en base ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e a empresa pública SEAGA, ao que se adheríu o Concello de Ponteareas, en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa, no concello de Ponteareas foi seleccionada como prioritaria a parroquia de Padróns para realizar a xestión da biomasa nas faixas secundarias.
O Grupo Municipal do PP lamenta que o actual goberno non informase da situación das augas no municipio. Os populares consideran que se puxo en perigo a salubridade dos veciños e visitantes que acudiron no último mes á praia fluvial da Freixa.
A Concellería de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera informa que, con motivo das obras de humanización da rúa Redondela e aos efectos de establecer unha regulación clara da mobilidade e do tráfico, por norma xeral poderán acceder co seu vehículo, tanto a esta rúa como ás adxacentes, os/as residentes, usuarios/as de garaxes, traballadores dos servizos comerciais e hostaleiros así coma os seus clientes. Non se poderá acceder cando de forma puntual as obras obriguen ao corte total da rúa. Neses casos a empresa adxudicataria informará con antelación e o corte farase polo menor tempo posíbel.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.