Sábado, 5 Xullo de 2025

O Condado

Unha plataforma veciñal chama a manifestarse o sábado en contra da planta de biomasa de Ponteareas

Falta de información, posible usurpación de terreos de titularidade privada, suposta ilegalidade urbanística, contaminación ambiental e efectos daninos sobre a saúde pública. Estes son os motivos que a plataforma veciñal, que agrupa a preto de 200 persoas, argumenta para convocar unha protesta diante do Concello contra a instalación dunha planta de biomasa no casco urbano a fin de que o Goberno local reconsidere a ubicación desta instalación da que, afirman, “a veciñanza non tivo información algunha”.

104 nenas e nenos inician o luns 14 o curso na Escola Infantil Municipal de Ponteareas baixo estrictas normas de seguridade

A concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, informa do inicio do curso escolar 2020-2021 na escola infantil municipal o vindeiro luns 14 de setembro. Inician o curso un total de 104 nenas e nenos. Por idades, 50 son da etapa 2-3 anos, 43 de 1-2 anos e só 11 no grupo de 0-1 anos. A situación da pandemia condicionou a decisión das familias dos máis cativos, de aí o menor número de nenos e nenas da etapa de 0-1 ano. A Directora da Escola e as educadoras xa trasladaron ás familias o novo protocolo para o comezo do curso.

A Escola de Música de Xinzo modifica a súa planificación docente

Na pasada asemblea do día 5 de setembro, a directiva da Escola de Música de Xinzo deu a coñecer a nova planificación docente que entrará en vigor de cara ó vindeiro curso 2020/2021. Deste modo, a Escola propón un novo sistema educativo organizado en tres niveis: Inicial, Elemental e Complementario. A súa vez, cada un dos niveis compóñense de distintos cursos segundo os obxectivos que se buscan acadar e os contidos académicos a tratar.

Nais e pais de 5º de primaria do CEIP Pazo da Mercé non levarán aos seus fillos a clase o venres

As nais e pais da ANPA Eira da Liñaza das Neves, non levarán aos seus fillos de 5º de Primaria o vindeiro venres, día 11. A medida, comunicada á concelleira de Ensino das Neves, Pilar González Casas, ten coma obxectivo protestar pola actitude da Consellería de Educación da Xunta de Galicia en relación co número de alumnos que terán que estar na aula de 5º curso do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.

Ponteareas inicia a contratación para adquirir unha propiedade para un novo equipamento público na contorna da Praza Maior

O goberno de Ponteareas do BNG e do PSOE vén de abrir a contratación patrimonial para adquirir unha propiedade na contorna da praza Maior. Co obxectivo de pór en marcha novos servizos á comunidade, o Concello prevé mercar un inmoble. A financiación da obra de restauración e posta posta en servizo á cidadanía será realizada cos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia “Ponteareas, hábitat saudable”.

Rómpese o diálogo cos representantes sindicais do Concello de Ponteareas ao publicarse unha oferta extraordinaria de estabilización de emprego sen consensuar

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas ven de denunciar publicamente que novamente o goberno municipal do BNG-PSOE minte aos traballadores, e incumpre o acordado na reunión mantida entre ambas partes o pasado mes de xullo, en relación ao proceso de consolidación de 67 posto de traballo que ocupan traballadores cunha longa e meritoria traxectoria profesional.

Ponte Solidario alerta de situacións de ‘senfogarismo’ en Ponteareas

O colectivo de acción solidaria 'Ponte Solidario' de Ponteareas, que leva traballando contra a exclusión social e a favor dunha vila con cero pobreza dende o ano 2013, informou hai uns meses ao goberno ponteareán da situación "de extrema gravidade dalgunhas persoas da vila que se atopan en situación de senfogarismo". Desde entón, mantivéronse dúas xuntanzas co goberno local para delimitar e activar medidas de urxencia.

O Plan DepoRemse da Deputación transforma o espazo urbano das Neves entre o colexio e a Praza de San Agostiño

O centro das Neves xa conta cun espazo renovado e humanizado entre o colexio Marquesa do Pazo da Mercé e a praza de San Agostiño, a través da rúa Rosalía de Castro, grazas ás obras de mellora da seguridade viaria que se executaron ao abeiro do Plan DepoRemse da Deputación de Pontevedra. O deputado Gregorio Agís, acompañado polo alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, visitou esta actuación, na que se investiron 254.868 euros, o 90 % aportado pola institución provincial e o restante 10 % polo Concello.

60 residentes das Neves participan desde esta semana nas ‘clases de ximnasia saudable para maiores’

O Concello de As Neves ofrece á súa poboación a posibilidade de participar nas clases de ximnasia saudable para maiores. Este ano ademáis de no centro da vila, as clases tamén impartiranse nas parroquias de San Cibrán de Ribarteme, San Pedro de Batalláns e Setados

O CAAN da Deputación rescata 28 cachorros de catro camadas en Salvaterra, A Cañiza e Meaño

Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nas últimas dúas semanas a un total de 28 cachorros, pertencentes a catro camadas, nos concellos de Salvaterra, A Cañiza e Meaño. As crías, cuxas idades oscilan entre o mes e os dous meses, estanse a recuperar nas instalacións da Armenteira, precisamente na nova zona de maternidade que estreou a principios do mes de agosto.

O Concello de Ponteareas impulsa a dixitalización do comercio local

O Concello de Ponteareas, consciente da necesidade que ten o tecido empresarial, hostaleiro e comercial do municipio de adaptar os seus negocios á nova situación derivada pola COVID-19, pon en marcha a iniciativa ‘Dixitaliza o teu negocio’, con plans de formación e asesoramento individualizado para os comercios de Ponteareas e a planificación de estratexias empresariais adaptadas ao novo contexto.

O BNG denuncia a talla de árbores centenarias e catalogadas no paseo do Tea en Mondariz Balneario

No último pleno da corporación de Mondariz Balneario aprobouse por unanimidade a moción de urxencia presentada polo BNG na que o goberno local se comprometeu a realizar unha auditoría profesional das árbores monumentais que embelecen a Rúa Enrique Peinador Vela, co fin de procurar solucións e recuperar o paseo do río.