Domingo, 22 Xuño de 2025

O Condado

O BNG de Ponteareas asegura que o tripartito de Castro presenta un orzamento “para vivir de rendas” do anterior goberno

Tras a primeira reacción nos pasados días, o BNG analizou o borrador de orzamentos para o 2024 en Ponteareas, que irá a Pleno extraordinario o vindeiro luns 20. Na súa valoración, o BNG sinalou que coa presentación pública dos orzamentos, o goberno liderado polo PP protagonizou “un espectáculo bochornoso e lamentable de mentira, manipulación e engano a cidadanía cun desfile de cifras que ninguén cre”.

A Deputación transformará a praza de Santa María de Liñares, en As Neves

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este mércores no seu despacho do Pazo Provincial ao alcalde das Neves, Jose Manuel Alfonso, para asinar un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030.

ACUAES inicia as obras de saneamento e depuración de Ponteareas

A sociedade mercantil estatal Augas das Concas de España (ACUAES), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, iniciou as obras de mellora do saneamento e depuración de Ponteareas nas que se investirán 14,1 millóns de euros.

O Concello de Salvaterra pon en valor os castros de Soutolobre-Lourido

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e a concelleira de Cultura, Lorena Soto, visitaron a obra de excavación dos castros ubicados en Soutolobre-Lourido.

Ponteareas presenta os novos orzamentos de 2024 e saneará a débeda do anterior goberno

O grupo de goberno do Concello de Ponteareas presentou esta mañá os orzamentos para o ano 2024 que chegan a algo máis 20,9M de euros, cun saldo positivo a favor, logo de descontar os gastos, que ascenden a pouco máis de 19,4M de euros, de 1,5M de euros, a contía de perdas económicas contraída polo anterior goberno en 2022.

O CN Ponteareas presenta os seus novos equipos para a tempada 2023-24

O sábado 11 de novembro levou a cabo a presentación das diferentes categorías que integrarán o equipo co que o club natación Ponteareas afrontará a tempada 2023-24.

A praza do Concello de Salvaterra contará cun mercadillo de Nadal

Dentro do plan de promoción e dinamización da vila, o Concello de Salvaterra de Miño lanza un Mercadillo Navideño para os días 15 e 16 de decembro na Praza do Concello.

Ponteareas solicita á CHMS a limpeza do couce do río Tea para evitar novos desbordamentos

O Concello de Ponteareas solicitará á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a limpeza do couce do río Tea ao longo de todo o seu percorrido para evitar que se repitan desbordamentos como o do pasado sábado.

Salvaterra presenta o campus de conciliación familiar de Nadal

Co inicio das vacacións de Nadal nos centros escolares, moitas familias atópanse con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar.

O obradoiro “Salvaterra Emprega III” dará emprego a 25 persoas

"Salvaterra Emprega III" o novo obradoiro de emprego no Concello de Salvaterra de Miño dará comezo previsiblemente a finais de novembro.

Arcos celebra a VII Feira de Outono esta fin de semana

A Casa Cultural de Arcos celebra esta fin de semana a súa VII Feira de Outono, recuperando esta actividade iniciada en 2014 e interrumpida dende 2020 con motivo da pandemia.

Xornada de portas abertas no Museo do Viño

O vindeiro domingo celébrase o Día Mundial do Enoturismo e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño quere promover un dos seus maiores expoñentes cunha xornada de portas abertas.