O comité clínico da Xunta de Galicia, vén de decidir o aumento do nivel de restricións en Ponteareas, que pasa de baixo a medio ante o aumento constante de casos positivos de COVID-19 na localidade dende a festividade da Semana Santa.
O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa están rematadas as obras, e polo tanto aberto, queda aberto o Punto Limpo Básico de Tratamento Ecolóxico de Residuos para Autocarabanas, dende a fin de semana pasada.
O club de lectura da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas retomou a súa actividade dende este martes, 20 de abril. Os clubs de lectura son o sistema máis sinxelo e máis efectivo de fomento da lectura.
O Concello de Ponteareas acometeu a pasada semana a reordenación da mobilidade no primeiro tramo da rúa Santa Ana. Esta vía, que comunica a rúa Vidales Tomé coa Praza Maior, é de dobre sentido e con beirarrúas moi estreitas e nunha das súas marxes contaba con aparcamento en batería incompatíbel con dous carrís de circulación pola anchura da calzada.
Despois das obras de reparación na ponte que une Mondariz e Mondariz-Balneario pola estrada autonómica PO-254, a Xunta de Galicia introduxo severas restricións á circulación de vehículos de máis de 3,5 t sen previo aviso nin xustificación, feito que indignou ao Concello de Mondariz.
A concellaría de Vías, Obras e Iluminación, que dirixe Chus Garrote, vén de rematar a mellora dunha pista municipal na parroquia de Cristiñade, unha actuación na que se investiron 33.120,59 euros e que permite reparar unha vía que presentaba un pavimento extremadamente deteriorado e cuxa reparación fora solicitada pola veciñanza, petición atendida agora pola concellería que xestioina a concelleira socialista.
Os concellos de Ponteareas e As Neves están levando a cabo conxuntamente unha nova edición dun obradoiro de emprego 'Coidar de nós' que consta de dúas áreas, a de traballo socio-sanitario e a de traballo forestal.
“Unha vez máis o alumnado dos nosos centros educativos e o seu profesorado superou as expectativas amosando un amplo interés pola ciencia, realizando traballos de complexidade e calidade e participando nas distintas conferencias ofertadas”, adianta a alcaldesa en funcións e concelleira de Ensino de Ponteareas, Cristina Fernández Davila ao facer un primeiro balance da Semana das Ciencias
O pasado xoves 15 de abril publicouse, no Boletín Oficial da Provincia (BOP), a aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Salvaterra. Neste Inventario recóllense, entre outros, a definición de camiños públicos e bens municipais, e polo tanto ábrese un prazo de dous meses, que rematarán o 16 de xuño, para presentar as alegacións ao mesmo.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar as obras de mellora do firme nas estradas PO-510 e PO-400, ao seu paso polos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, cun investimento de 985.000 euros.
A Casa do Conde, edificio histórico de Salvaterra de Miño, acollerá nos vindeiros días a exposición itinerante “Rio Minho-Memorias Transfronteirizas”, un proxecto froito da colaboración administrativa entre os municipios do baixo e alto Miño, España e Portugal.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.