Venres, 4 Xullo de 2025

O Condado

Volve o cine ao parque da Feira Vella con ‘Grease’

O Parque da Feira Vella de Ponteareas volverá a converterse mañá martes nunha sala de cine ao aire libre. Ás 22.00 horas comezará a proxección de 'Grease', o musical que marcou a varias xeracións e deixou a súa pegada no cinema dos anos 70.

Ponteareas proxectará o vindeiro venres o documental ‘Xela Arias. Poeta nas marxes’

O Concello de Ponteareas proxectará o vindeiro venres ás 20.30 horas o documental 'Xela Arias. Poeta nas marxes', dirixido por Beatriz Pereira. Unha peza audiovisual que reflexiona sobre a poeta homenaxeada no Día das Letras Galegas a través dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia.

Esta semana comezan as obras de alumeado exterior público en no rural de Salvaterra

O Concello de Salvaterra ven de adxudicar por un importe de 39.966,43€ obras de mellora e renovación do alumeado público exterior no rural, que comezan esta semana.

O programa ‘Propulsa Danza’ da Xunta despediuse onte en Ponteareas

O Castro de Troña, en Ponteareas, converteuse onte en escenario da última sesión do programa da Xunta Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, que se despide tras chegar a máis de 2000 persoas.

Mondariz redactará un proxecto de mobilidade urbana e recuperación de espazos públicos cunha subvención da Rede Ágora

Como concello da Rede Ágora, promovida e coordinada pola Deputación de Pontevedra a través da súa área de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos Urbanos, o Concello de Mondariz vén de recibir unha subvención de 50.000 € para a redacción dun proxecto de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos no seu centro urbano.

A nova oficina de turismo de Salvaterra de Miño rexistra máis de 600 visitantes no seu primeiro mes

Esta nova Oficina de Turismo xunto ao Parque Público A Canuda, situada nun lugar inmellorable de Salvaterra de Miño, facilita tamén o acceso a persoas con mobilidade reducida.

Ponteareas será a protagonista da Volta Ciclista a Galicia 2021

Ponteareas será unha vez máis un dos espazos máis importantes para o ciclismo galego. Entre os días 16 e 19 de setembro a vila do Tea acollerá dúas etapas da 19 edición da Volta Ciclista a Galicia.

Concertos da Festa do Viño do Condado do Tea en Salvaterra

Un ano máis a Festa do Viño do Condado do Tea presenta os seus concertos, que por motivos das medidas COVID se desplazan á Praza do Concello.

Mondariz abre a inscrición para unha nova edición da proba de orientación nocturna por equipos ‘Orienta-Tea’

Esta semana comezou o período de inscrición para ORIENTA-TEA 2021, unha proba de orientación nocturna para persoas maiores de 16 anos que se organiza no Concello de Mondariz desde 2016 con gran éxito de participación. Este ano está programada para o 11 de setembro, a partir das 21:00 horas.

A Xunta sanciona á residencia de maiores de Ponteareas por prestar servizos a persoas desatendidas pola propia administración autonómica

O Concello de Ponteareas “lamenta profundamente” as sancións impostas pola Xunta de Galicia á residencia de maiores do municipio. O Goberno autonómico alude que o centro “acolle a usuarias e usuarios dependentes candos as prazas son para persoas con autonomía”, pero o que “non consideran é que estas persoas non teñen outra alternativa asistencial”, denuncia a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

Sabela Losada presenta o seu contacontos este xoves ás 12.00 h na Biblioteca Municipal de Ponteareas

A Biblioteca Municipal de Ponteareas acollerá o vindeiro xoves ás 12.00 horas un espectáculo de contacontos da man da artista Sabela Losada. Os nenos e nenas que asistan poderán xogar a 'O xogo das escritoras', unha divertida oca no que amais de subir e baixar polo taboleiro, as persoas participantes buscarán nos libros da biblioteca, escribirán, debuxarán e espremerán os miolos para superar as actividades propostas, relacionadas coa literatura escrita por mulleres.

Comezan as obras no camiño Cruz – Oural, na parroquia de Fornelos, en Salvaterra de Miño

Veñen de arrancar as obras de mellora do camiño municipal Cruz – Oural, na parroquia de Fornelos, financiadas con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural.