Mércores, 14 Maio de 2025

O Condado

A Xunta concede 23 cursos de formación para desempregados no Condado e no Baixo Miño

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de aprobar a celebración de 23 cursos de Acción Formativa para Desempregados (AFD) nas bisbarras do Condado e O Baixo Miño cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros.

O Concello do Porriño acorda doar 20.000 € para axudar á illa de La Palma

O Concello do Porriño doará 20.000 € para axudar á xente da illa canaria de La Palma, afectada desde o pasado domingo 19 de setembro pola erupción volcánica.

O pleno de Ponteareas aproba por unanimidade o convenio de colaboración para a ampliación e reforma da depuradora

O pleno de Ponteareas reuniuse o pasado martes para tratar distintos asuntos de importancia para a vila. Entre eles, destaca a aprobación por unanimidade do convenio de colaboración para a ampliación e reforma da depuradora do municipio.

O festival “Algazara Danzando entre Culturas” namora a Ponteareas

De novo, como cada ano, a música tradicional de distintas culturas do mundo tivo a súa festa en Ponteareas. A última edición do festival “Algazara Danzando entre Culturas” namorou a vila con música de México, de Cabo Verde e tamén de Galicia.

A aula CeMIT de Ponteareas ofrece seis novos cursos de balde para este mes de outubro

A aula CeMIT de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición para participar nos seis novos cursos presenciais que oferta de balde para este mes de outubro.

140 veciños de Ponteareas e As Neves recibiron formación en emprego dual dende 2015

Xa son 140 veciños de Ponteareas e As Neves os que pasaron polas aulas de formación dual da vila do Tea dende 2015. Así o afirmou hoxe a alcaldesa ponteareá, Cristina Fernández Davila, durante o acto de clausura dos obradoiros de emprego “Coidar de Nós III”.

A Deputación leva este sábado a Ponteareas o espectáculo ‘X Xela’

A Praza da Feira Vella será este sábado 2 en Ponteareas o escenario do espectáculo ‘X Xela’, un evento co que a Deputación contribúe ás festas de San Miguel organizadas polo Concello e co que a institución provincial pretende poñer en valor o galego e conmemorar as Letras Galegas dedicadas este ano a Xela Arias baixo o lema ‘365 días en galego’.

Salvaterra enquisa á veciñanza para a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

O Concello de Salvaterra de Miño arranca coa elaboración do seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), unha ferramenta de planificación da mobilidade e que ten como obxectivos favorecer os desprazamentos e modos de transporte enerxéticamente máis eficiente

As Festas de Setembro de Ponteareas rematan con música e animación para os pequenos

Ponteareas remata este domingo as súas Festas de Setembro despois de máis de 30 propostas de balde e para todos os públicos.

O Casino de Vilasobroso, de camiño ao Centenario

O Casino de Vilasobroso, coa patrocinio institucional da Entidade Local Menor e o Concello de Mondariz e a colaboración económica da Deputación de Pontevedra, promove a realización do proxecto audiovisual “O Casino de Vilasobroso, de camiño ao Centenario (1924). Historia e personalidades” baixo a dirección do documentalista Xan Leira.

Pasarrúas, animación, lanzamento de globos e moita música en Ponteareas no arranque das festas de San Miguel

Ponteareas celebra as festas de San Miguel con actividades para todos os gustos e toda a familia con animación e moita música na vila durante toda a semana.

O río Tea acolle unha solta de alevíns de salmón ao abeiro do proxecto Migramiño

Ponteareas continúa achegando o seu gran de area ao proxecto Migramiño, unha iniciativa que busca mellorar a protección e xestión sostible do espazo natural da fronteira que conforma a subconca internacional do Miño, incluíndo os seus afluentes.