O goberno municipal vén de acometer o pago da totalidade dos proxectos financiados cos fondos europeos “EDUSI”, salvando así o risco da súa perda cando hai escasamente 5 meses, coa chegada de Nava Castro á alcaldía, aínda restaba case o 30 % dos fondos por pagar debido a unha alarmante falta de planificación na súa xestión así como tamén a unha crítica situación económica que impedía facer fronte a estes pagos millonarios antes do 31 de decembro do 2023.
O Concello de Ponteareas, a través da concellería de Seguridade que dirixe o tenente de alcalde Juan Carlos González, vén de intensificar a súa labor de vixilancia en materia de seguridade viaria e de convivencia cidadá co obxectivo de responder ás demandas dos veciños e das veciñas.
Con este servizo que se porá en funcionamento a principios do ano 2024 os veciños poderán separar de maneira máis cómoda e segura os seguintes elementos: restos metálicos do fogar, lámpadas e tubos fluorescentes, tóner e cartuchos de impresora, pilas e baterías de electrodomésticos, xoguetes, envases de pintura e barnices, pequenos electrodomésticos e aerosois.
O Concello de Salvaterra de Miño acaba de renovar o convenio da “Aula Mentor” coa Secretaría Xeral de Formación Profesional. Esta é a iniciativa posta en marcha a principios deste 2023 na nova aula de Novas Tecnoloxías.
Os orzamentos para o ano 2024 xa están aprobados por maioría absoluta grazas aos votos a favor do equipo de goberno. O concelleiro de Facenda, Francisco Represas, indicou no pleno municipal onde se procedeu á votación definitiva que “por primeira vez nunha década, as contas do Concello de Ponteareas entrarán en vigor en tempo e en forma”.
O Concello de Ponteareas resolve a concesión de axudas municipais de apoio ao estudo para o curso 2023/2024. En total, esta medida beneficiará a 163 alumnos de diferentes niveis educativos como Infantil, Primaria, Formación Profesional Básica, ciclos formativos e Bacharelato.
O salón de actos da Casa da Cultura de Salvaterra de Miño acollerá hoxe xoves, 28 de decembro, a obra “Molto Barroco” no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano.
O Concello de Ponteareas vén de substituír o muro da zona de xogos do CEIP Fermín Bouza Brey ao presentar un avanzado estado de abandono. A actuación foi financiada con fondos propios.
O Concello de Ponteareas premia a comercios da vila pola súa creatividade á hora de deseñar a decoración de Nadal nos seus escaparates. O concelleiro da área, Ricardo González, fixo entrega dos galardóns aos tres negocios locais que acadaron o recoñecemento do xurado.
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, para analizar vías de colaboración en materia de vivenda.
O Concello de Ponteareas aumenta o cadro de persoal da Policía Local mediante a incorporación de dous efectivos. A alcaldesa, Nava Castro, e o tenente de alcalde, Juan Carlos González, recibiron aos axentes que desde hai unhas semanas xa forman parte deste servizo municipal e avanzaron que ao longo do 2024 uniranse catro axentes máis.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.