O Concello de Ponteareas vén de substituír o muro da zona de xogos do CEIP Fermín Bouza Brey ao presentar un avanzado estado de abandono. A actuación foi financiada con fondos propios.
Así, logo de anos de abandono nos que unha árbore foi desprazando a cimentación e a estrutura de bloques, o Concello procedeu á construción dun novo muro que está agora acorde ás necesidades da cativada do colexio e que garante a seguridade do alumnado que emprega este espazo para o seu esparexemento.
Durante a realización das obras procedeuse á limitación da zona para garantir a seguridade do alumnado.