Mércores, 9 Xullo de 2025

O Condado

Os Bombeiros rescataron á dúas mulleres do balcón da vivenda, onde permanecían refuxiadas tras declararse o incendio

Onte ás 18:54 produciuse un incendio nunha vivenda unifamiliar en Campo do Mouro, en Mouriscados, no concello de Mondariz, no que se atopaban dúas señoras atrapadas no balcón do primeiro andar.

O Concello arranca a campaña “O noso comercio é parte de ti. Merca aquí, Ponteareas gaña”

O Concello de Ponteareas quere incentivar as compras no comercio local co lanzamento da campaña “O noso comercio é parte de ti. Merca aquí, Ponteareas gaña”.

O GDR Condado-Paradanta financiará seis proxectos da comarca

A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural.

Os Servizos Sociais do Concello de Salvaterra reparten máis de 15.000 quilos de alimentos

O Concello de Salvaterra de Miño, a través do departamento de Servizos Sociais e do programa de alimentos, repartiu este ano máis de 15.000 quilos de alimentos entre os usuarios do programa municipal, onde son atendidas unha media de 30 familias.

O Apalpador volve a Ponteareas este xoves ás 13:00 horas

O Apalpador volverá baixar das montañas para coñecer a todos os nenos e nenas de Ponteareas mañá xoves ás 13:30 horas.

Ponteareas reclama á Xunta solucións para a crítica situación do Centro de Saúde e o PAC da vila

O Concello de Ponteareas, a través da súa alcaldesa e concelleira de Sanidade, Cristina Fernández Davila, reclama á Xunta a solución “da situación crítica e caótica que están a sufrir no Centro de Saúde e no PAC dende fai un meses”.

Mondariz soluciona a crise de débeda relacionada co centro de día

En dous anos e medio de xestións, preitos e negociacións, o Concello de Mondariz pode anunciar que a crise de débeda relacionada cos pagamentos pendentes que reclamaba o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar polo centro de día da localidade está solucionada.

A Xunta abre por primeira vez o proceso para a adquisición directa de 38 parcelas da Plisan

A Xunta de Galicia abre por primeira vez o proceso para a adquisición directa de solo empresarial na Plataforma loxística e industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan).

A Deputación mellorará o sistema de xestión de auga en Ponteareas, Nigrán e A Cañiza

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar 770.390 euros que servirán para que os concellos de Pontecesures, O Grove, Meis, Barro, Marín, Nigrán, Ponteareas e A Cañiza implanten sistemas sostibles de xestión da auga.

Comezan as obras de mellora no pavillón de Salvaterra

Aproveitando o parón do Nadal e a cancelación temporal das actividades por mor da Covid-19, o Concello de Salvaterra de Miño puxo en marcha as obras de mellora no Pavillón municipal Cándido Carrera.

Mondariz ultima as obras do primeiro de seis proxectos cofinanciados este ano con fondos europeos

O Concello de Mondariz avanza con paso firme na execución dos múltiples proxectos de aforro e eficiencia enerxética que acadaron financiación europea este ano, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Incendio nunha casa en Ponteareas

Un incendio provocou danos nunha casa situada no lugar da Raño, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.