Xoves, 10 Xullo de 2025

O Condado

Ponteareas, protagonista do festival Convergencias Galicia-Portugal con catro propostas culturais

O Concello de Ponteareas volverá a ser un dos eixos ca cultura galega e portuguesa nunha nova edición do festival Convergencias Galicia-Portugal. Dende o 24 ata o 26 de febreiro acollerá catro propostas culturais de artistas de ambos lados do río Miño para que a veciñanza poida desfrutar das súas creacións e homenaxear a figura de Rosalía de Castro e de Jóse Afonso estreitando os lazos que unen Portugal e Galicia.

Xuntanza cos propietarios das terras nas que estará a nova aldea modelo das Neves

Membros do Goberno local, da Xunta, da empresa Expoaga e propietarios das terras das parroquias de Tortoreos e Rubiós, están convocados este mércores, día 9 a unha reunión para avanzar na posta en marcha da nova aldea modelo das Neves.

As Neves conta cun novo aparcadoiro no centro

Dende este luns, As Neves conta cun novo aparcadoiro público no centro do casco urbano. A semana pasada remataron as obras do mesmo, que comezaran hai tres semanas nunha zona próxima ña rúa Cruceiro e que abrangueron, tamén, a mellora da sinalización vial.

Nova concentración en Salvaterra da Plataforma en Defensa da Sanidade do Condado e A Paradanta

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e a Paradanta está a realizar unha nova serie de mobilizacións polas dúas comarcas. Dentro destas actividades está convocada unha concentración no Concello de Salvaterra este xoves 10 de febreiro ás 20:30 diante do Centro de Saúde.

Ponteareas será meta volante do Gran Camiño, a primeira volta ciclista profesional galega despois de vinte anos

Ponteareas será meta volante do Gran Camiño, a primeira volta ciclista profesional que se celebrará en Galicia dúas décadas despois da última edición profesional da Volta a Galicia.

Ponteareas aumentou o persoal dos Servizos Sociais para mellorar a atención á veciñanza

O Concello de Ponteareas reforzou nas pasadas semanas o departamento de Servizos Sociais coa incorporación dunha nova traballadora social ao seu cadro de persoal, un paso “histórico que nos permite continuar traballando para atender as necesidades da veciñanza.

O Concello de Ponteareas convoca unha praza de técnico de Medio Ambiente

O Concello de Ponteareas acaba de convocar unha praza de técnica de Medio Ambiente. Unha figura profesional que, cun contrato de 3 anos, permitirá a Concellería, que dirixe Rosa Covelo, avanzar na tramitación e apertura de expedientes.

Ponte Solidario denuncia as listas de espera para as citas de Emerxencia Social en Ponteareas

A asemblea de Ponte Solidario asegurou onte "levar meses" informando á concelleira de Benestar Social do Concello de Ponteareas sobre as problemáticas das listas de espera dos Servizos Sociais locais. As persoas que acoden a este servizo de xestión exclusivamente municipal, explica a asociación "atópanse con citas que se demoran máis de tres meses para a solicitude dunha axuda de emerxencia".

A directiva de Banastra trasladará aos seus asociados a proposta socialista de ubicación do novo Centro de Saúde de Ponteareas

No día de hoxe, membros da Xestora do PSOE de Ponteareas reuníronse coa directiva de Banastra, a federación de comerciantes e hostaleiros de Ponteareas, para informarlles da ubicación que, para o Partido Socialista, debe ter o novo centro de saúde.

Concello e Deputación asinan o convenio que transformará a rúa Trobador Xoán García de Guillade nun espazo público de calidade

A transformación da rúa Trobador Xoán García de Guillade nun espazo público de calidade para as persoas está máis preto de converterse en realidade. A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinaron este xoves o convenio do ReacPon.

O Pleno das Neves da o visto bo ao estudo sobre a viabilidade da municipalización do servizo de limpeza de edificios

O Pleno das Neves deu o seu visto bo, este martes, á aprobación inicial do estudo de custos sobre a viabilidade da asunción directa, por parte do Concello, do servizo de limpeza dos edificios e dependencias municipais.

O Concello de Ponteareas convoca a IV edición do Concurso de Poemas Ilustrados para Rosalía de Castro

O Concello de Ponteareas convoca a IV edición do Concurso de Poemas Ilustrados para Rosalía de Castro dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros de ensino do municipio.