Até o 20 de xullo está aberto o período de inscrición na segunda das catro actividades de aventura organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mondariz para mozos e mozas de 13 a 18 anos. Trátase dunha experiencia de rafting en Arbo para un grupo reducido, polo que a inscrición previa é indispensable.
A Xunta de Galicia deu luz verde á construción dun albergue de peregrinos no concello de Mondariz. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de emitir a autorización ambiental estratéxica (AAE) do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun albergue, e un aparcadoiro para autocaravanas, nunha parcela municipal na Cela.
O portavoz de Alternativa por Mondariz (AporM) Xoán C. Montes Bugarín Calis, vén de censurar a actuación do Goberno municipal por amorear varios camións cargados de rodas, pedras, ramas e podas no patio de recreo da Escola Municipal de Música.
Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz veñen de reunirse novamente para tratar o delicado asunto das Piscinas Municipais para este verán.
“Contra Mondariz Balneario a única solución é ir á guerra, con estas palabras, pronunciadas no último pleno ordinario polo concelleiro de Obras, Poldo Tato (BNG), sintetizaba a única opción que baralla o Goberno local (BNG e PSOE) para solucionar o problema da utilización da depuradora situada en Mondariz Balneario", asegura o portavoz de Alternativa por Mondariz (AporM) Calis Montes Bugarín.
Os alcaldes Luis Piña, Pablo Castillo e Xosé Emilio Barros asinaron onte unha solicitude, en representación dos seus concellos e dos intereses do territorio, na que reivindidan unha antiga débeda do goberno de españa con esta zona do interior galego no tocante ás infraestruturas viarias e conexións.
O Concello de Mondariz recibiu notificación da aprobación dun dos catro proxectos de renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior solicitados o ano pasado ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dentro do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
O Concello de Mondariz convocou esta semana a representantes de traídas de augas veciñais das diferentes parroquias para participar este sábado nunha charla informativa sobre a situación actual e os retos de futuro da xestión comunitaria da auga. No evento, ademais do alcalde e concelleiro de Participación Veciñal, Xosé Emilio Barros, estará Rafael Carrera, directivo da Comunidade Xeral de Augas de Galicia (COXAPO).
O Concello de Mondariz, por segundo ano consecutivo, organiza dúas escolas de verán para iniciar á mocidade no piragüismo e na hípica, en colaboración co Club Tea de piragüismo (Mondariz-Balneario) e coa escola hípica A Lagoa (Mondariz).
O Goberno de Mondariz, que leva meses buscando un diálogo construtivo co Concello de Mondariz-Balneario para poder conectar un colector xeral á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que comparten ambos concellos, aproveitará a sesión plenaria prevista para o último venres deste mes (28 de maio, ás 20h) para propoñer un acordo da Corporación Municipal sobre esta e outras demandas relacionadas coa EDAR.
Este venres, 28 de maio, alomenos 63 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do CPI de Mondariz cambiarán as aulas do centro educativo pola sala de cine recentemente instalada no Auditorio do Centro Social de Mondariz para aprender sobre lingua e literatura a través dun visionado do filme "A esmorga" en pantalla grande e un coloquio exclusivo co director Ignacio Vilar.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.