10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizEscolas de verán de piragüismo e hípica no Concello de Mondariz

    Escolas de verán de piragüismo e hípica no Concello de Mondariz

    O período de inscrición destas actividades gratuítas para mozos e mozas comezou esta semana e remata o vindeiro 22 de xuño

    O Concello de Mondariz, por segundo ano consecutivo, organiza dúas escolas de verán para iniciar á mocidade no piragüismo e na hípica, en colaboración co Club Tea de piragüismo (Mondariz-Balneario) e coa escola hípica A Lagoa (Mondariz). O período de inscrición para ambas actividades, que son gratuítas, comezou o 2 de xuño e permanecerá aberto até o 22 de xuño.

    A Escola de Piragüismo está dirixida a mozos e mozas de 7 a 14 anos. É unha actividade que se desenvolverá tres días á semana (luns, mércores e venres) en horario de 10:30-13:00 horas, desde o 28 de xuño até o 10 de setembro. O Club Tea de piragüismo, con sede no veciño Concello de Mondariz-Balneario, está dentro da Federación Galega de Piragüismo e é moi activo na organización de competicións deportivas de ámbito nacional e estatal, como a Copa de España de piragüismo, na modalidade de slalom olímpico. Aínda que esta actividade é gratuíta, os mozos e as mozas participantes deberán aboar unha tasa de 15 € para federarse.

    A Escola de Hípica está dirixida a mozos e mozas de 4 a 17 anos. É unha actividade que se desenvolverá un día á semana, a escoller polas persoas participantes: luns, mércores ou venres, en horario de 19:30-20:30 horas, ou sábado, en horario de 10:00-11:00 horas. A escola hípica A Lagoa está localizada xunto ao complexo deportivo da Lagoa, no Concello de Mondariz, e ofrece actividades formativas, lúdicas e terapéuticas relacionadas cos cabalos.
    “Estas actividades permiten dar a coñecer o atractivo medio natural de Mondariz, sobre todo a contorna do río Tea e os seus afluentes, ao tempo que se exploran prácticas deportivas relacionadas coa natureza. Colaborar con organizacións locais tamén é unha decisión estratéxica, pois pretende apoiar actividades emprendedoras de proximidade”, explica o alcalde e concelleiro de Desenvolvemento Económico e Turismo de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

    O Concello de Mondariz subvenciona estas actividades grazas á financiación aportada pola Deputación de Pontevedra. Para solicitar máis información e tramitar a inscrición, as familias interesadas deberán contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mondariz a través de teléfono (986 664 306) ou correo electrónico (omix@mondariz.gal). As prazas son limitadas, polo que se recomenda non agardar até os últimos días do período de inscrición.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.