O Concello de Mondariz vén de gañar un novo e moderno espazo para o deporte no antigo campo de fútbol da Minada, que agora alberga o circuíto 'pump track' asfaltado máis grande de Galicia. A infraestrutura, que forma parte do Centro de Ocio e Deporte Urbano que proxecta o Goberno municipal, foi financiada cunha achega de 48.399 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
As instalacións deportivas da Lagoa, en Mondariz, convertéronse este verán en epicentro da promoción do fútbol base na provincia, cun campus e cun torneo internacional organizado pola escola MS2, do exfutbolista galego Míchel Salgado. O Concello de Mondariz, interesado en fomentar a actividade turística e deportiva na localidade, apoiou o proxecto e colaborou activamente coa organización para atraer visitantes en condicións de seguridade.
O Concello de Mondariz, por segundo ano consecutivo, organizou unha programación cultural baseada en concertos e actividades para público infantil para celebrar as tradicionais Festas Patronais da Virxe da Peña de Francia e San Roque en condicións de seguridade. O ano pasado, diante das incertezas pola crise sanitaria, optouse por organizar un festival con grupos de música folk vencellados á localidade que levou por nome 'Todo queda na casa'.
Durante xeracións e xeracións, Mondariz atesourou unha tradición cesteira propia moi apreciada en Galicia e mesmo en Portugal que se caracterizaba polo uso de láminas de madeira, en vez de vimes, e polo refinamento da confección artesanal.
O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, acordou coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil un convenio de colaboración para a execución dun proxecto de mellora e ampliación da senda fluvial da Coviña, que transcorre pola beira do río Xabriña, afluente do Tea e parte do espazo protexido pola Rede Natura 2000.
O Centro de Día de Mondariz, que no ano 2019 acumulaba impagamentos deste concello por valor de 97.500 € que ameazaban a renovación do convenio e a propia situación económica-financieira municipal, está hoxe en día totalmente estabilizado.
Xa está aberto o período de inscrición para a actividade de escape room urbano no Concello de Mondariz, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) a través de Territorio Comanche.
"Os segredos da noite de Mondariz: petróglifos e estrelas" é unha saída seminocturna guiada aos petróglifos de Gargamala que forma parte do programa "MONDARIZ NATURA".
Mondariz recibe este mércores, 21 de xullo, un orixinal e innovador espectáculo internacional de Le PianO du Lac que xa ten deleitado a público de diferentes países europeos.
O Concello de Mondariz publicou a súa programación definitiva de cultura e mocidade para o verán 2021, despois de confirmar unha serie de espectáculos teatrais do programa "Cultura no Camiño" para os meses de agosto e setembro.
Os concertos flotantes de "Le pianO du Lac", que se inician o vindeiro 21 de xullo na praia fluvial do Val, son unha das actividades principais da programación cultural do Concello de Mondariz para o verán 2021.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.