18.8 C
Pontevedra
Martes, 8 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz abre as inscricións para a saída seminocturna guiada aos petróglifos de...

    Mondariz abre as inscricións para a saída seminocturna guiada aos petróglifos de Gargamala


    “Os segredos da noite de Mondariz: petróglifos e estrelas” é unha saída seminocturna guiada aos petróglifos de Gargamala que forma parte do programa “MONDARIZ NATURA”.

    Terá lugar o vindeiro 6 de agosto, ás 20:00 horas, e o período de inscrición xa está aberto. As persoas interesadas deben contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mondariz antes do 4 de agosto por correo electrónico (omix@mondariz.gal) ou teléfono (680 964 461).

    Esta actividade, dunhas 3 horas de duración aproximada, ten un percorrido de 5-6 km e está recomendada para persoas maiores de 12 anos. As menores de idade, con todo, deberán ir acompañadas por algunha persoa adulta.

    Co programa “MONDARIZ NATURA”, o Concello de Mondariz busca achegar o seu patrimonio natural e cultural a todas as persoas interesadas durante os meses de verán. En xullo xa se realizaron actividades como unha xornada de observación astronómica desde o campo municipal de fútbol da Lagoa e unha saída en piragua polo río Tea que tiveron unha gran demanda.

    Dentro deste mesmo programa de actividades, o 30 de xullo tamén está programada unha saída familiar pola contorna do río Tea desde a praia fluvial do Val a partir das 18:00 horas. Para inscribirse, hai que contactar coa biblioteca municipal de Mondariz a través de correo electrónico (biblioteca@mondariz.gal) ou teléfono (986 664 333) en horario de 09:00 a 14:00 horas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.