14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizO PedalOpiano deleitará ao público con cinco concertos flotantes sobre as augas...

    O PedalOpiano deleitará ao público con cinco concertos flotantes sobre as augas do Tea

    Mondariz recibe este mércores, 21 de xullo, un orixinal e innovador espectáculo internacional de Le PianO du Lac que xa ten deleitado a público de diferentes países europeos. O río Tea, ao seu paso pola praia fluvial do Val, será o escenario natural de cinco concertos flotantes do PedalOpiano, unha singular plataforma construída con flotadores ciclopropulsados sobre a que descansa un piano e un equipo artístico que combina música e danza.

    Nos concertos flotantes de Mondariz, programados para as 20:00 horas dos días 21, 22, 23, 24 e 25 de xullo, actuarán a pianista Violette Prevost, a multiinstrumentista Solenne Garnier, o trompetista Damien Bajard e a bailarina Mónica Cofiño. A cabida do recinto estará limitada a 400 persoas por motivos de seguridade sanitaria, polo que é recomendable realizar reservas a través do sitio web habilitado pola compañía: https://www.billetweb.fr/mondariz-playa-fluvial-do-val.

    Estritamente, non é un evento gratuíto, como se informara anteriormente, senón que existe unha taquilla voluntaria que estará aberta no mesmo lugar dos concertos a partir das 19:00 horas (días 21, 22 e 23 de xullo) e a partir das 18:00 horas (días 24 e 25 de xullo). No sitio web http://www.pianodulac.eu/taquilla2021/, a compañía ofrece toda a información relativa a esta taquilla voluntaria e recomenda unha aportación de 10 euros. Non haberá cadeiras porque a praia fluvial do Val é un espazo natural, pero é posible acudir con cadeiras propias ou coxíns persoais para sentar no chan.

    Como espectáculo, a proposta creativa de Le pianO du Lac vai máis aló do concerto clásico e presenta un innovador enfoque de transhumancia sonora que fusiona música, teatro e danza en escenarios naturais. O piano descansa sobre dous flotadores ciclopropulsados que permiten unha inusual mecánica pianística a pedais. O equipo técnico e artístico inclúe varios pianistas capaces de interpretar e mesturar diferentes tradicións sonoras. No entorno natural do concerto, ademais, a experiencia sensorial enriquécese cos sons da auga, do vento, da fauna salvaxe,… 

    “Para o Concello de Mondariz, acoller un espectáculo internacional desta calidade técnica e artística é todo un orgullo. Valoriza a nosa axenda cultural e demostra que temos moito potencial desde o punto de vista turístico, grazas o patrimonio natural e cultural que atesouramos”, afirma o alcalde, Xosé Emilio Barros.

    Estes concertos son os primeiros que realizará Le PianO du Lac en Galicia no marco da súa xira xacobea de 2021, que comezou o pasado 13 de xullo na provincia de León e fará tan só tres paradas nas provincias galegas: Mondariz, Marín e Dumbría. Para o público das provincias de Pontevedra e Ourense, sobre todo, os concertos de Mondariz, que coinciden coa festividade do Día de Galicia, son unha oportunidade de ver en acción o PedalOpiano e disfrutar dunha experiencia única.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.