O Concello de Mondariz xa está preparando actividades socioculturais para os primeiros meses do ano, coa cultura galega e a memoria histórica como eixes principais.
Onte ás 18:54 produciuse un incendio nunha vivenda unifamiliar en Campo do Mouro, en Mouriscados, no concello de Mondariz, no que se atopaban dúas señoras atrapadas no balcón do primeiro andar.
A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural.
En dous anos e medio de xestións, preitos e negociacións, o Concello de Mondariz pode anunciar que a crise de débeda relacionada cos pagamentos pendentes que reclamaba o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar polo centro de día da localidade está solucionada.
O Concello de Mondariz avanza con paso firme na execución dos múltiples proxectos de aforro e eficiencia enerxética que acadaron financiación europea este ano, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
O Concello de Mondariz está a tramitar as solicitudes de axudas para os sectores económicos e comerciais máis afectados pola crise da Covid-19 nos anos 2020 e 2021 convocadas a mediados de decembro.
O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, e o concelleiro de Facenda desta mesma localidade, José Luis Fernández, foron recibidos este xoves polo presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, na sede desta institución para asinar un convenio de colaboración
O Concello de Mondariz, comprometido co desenvolvemento económico e turístico do territorio, promove este ano un mercado artesán de Nadal con acreditados artesáns e artesás locais e da contorna máis próxima.
Os nove concellos que integran as comarcas do Condado e A Paradanta recibiron 61.868.006 euros da Deputación dende que en 2016 se produciu o cambio político á fronte da institución provincial, “o maior investimento da historia da Deputación nestas dúas comarcas e en cada un dos concellos”.
A Entidade Local de Vilasobroso logrou unha subvención de fondos Europeos xestionada polo IDAE para a restauración do antigo grupo escolar de Valiño. Unha demanda histórica da veciñanza dado o estado calamitoso desde que deixou de ser unha escola unitaria xestionada pola Xunta de Galicia vai máis de 10 anos.
A segunda edición do ciclo de cinema "Con ollos de muller" conclúe esta semana no auditorio municipal de Mondariz con dúas películas recentes protagonizadas por mulleres.
O Concello de Mondariz, a través da Concellería de Asuntos Sociais, acaba de poñer en marcha a campaña municipal anual de recollida de alimentos para o Nadal 2021. Desde o 15 de novembro até o 15 de decembro, as persoas que o desexen poderán colaborar con doazóns de alimentos non perecedoiros nos centros de recollida habilitados e con doazóns monetarias para o banco de alimentos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.