Sábado, 3 Maio de 2025

As Neves

O GDR Condado Paradanta presenta unha exposición fotográfica nas Neves

O Grupo de Desenvolvemento Rural do Condado Paradanta, presenta a exposición fotográfica “Visións do Territorio” que contempla 90 imaxes da zona, entre as que se inclúe e unha selección das mellores instantáneas realizadas polos participantes dos tres concursos de fotografía organizados polo GDR.

As Neves acolle o ‘I Encontro de Artes no Territorio’

O próximo sábado 29 de outubro, As Neves será o escenario do '1º Encontro de Artes no Territorio', un evento que quere servir de base para pensar novas fórmulas que axuden a potenciar a economía e o desenvolvemento turístico dende as artes e a cultura.

A mellora da EP-4006 ente As Neves e Ponteareas xa é unha realidade

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar o convenio de colaboración co Concello das Neves para a mellora da mobilidade peonil na EP-4006, que conecta a este municipio con Ponteareas.

Éxito da XVI Festa do Tinto Rías Baixas nas Neves

Centos de persoas acudiron este martes á 'XVI Festa do Tinto Rías Baixas', nas Neves, para gozar dos viños de ducias de variedades da D.O., con especial presencia de tres adegas locais: Señorío de Rubiós, Viña Nora e Eido da Ponte.

As Neves celebra a XVI Festa do Tinto das Rías Baixas

A programación abrangue gastronomía, música, andainas, xogos, propostas de cultura urbana, actuacións e actividades para cativos.

Recepción no Concello das Neves aos dous medallistas europeos de Bádminton

O Concello das Neves, deu formalmente os parabéns, nunha recepción, a Lucía Rodríguez e Basilio Porto, que veñen de acadar tres medallas no Campionato de Europa Júnior de Bádminton, disputado el Belgrado. Os dous deportistas do Club de Bádminton Suflenorsa As Neves, recibiron os parabéns da Corporación Municipal, representada polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; os dous tenentes de alcalde, Marcelino Couto e Óscar González, e a concelleira de Mocidade, Rocío Barreiro.

“Auga e Vida” nomeada a mellor obra artística do GDR Condado Paradanta

A fotografía “Auga e Vida” de Diego Alonso foi nomeada polo público como a “mellor obra artística do GDR Condado Paradanta”, na terceira edición do certame artístico que organiza a entidade supramunicipal.

As Neves segue adiante co proxecto de mellora de infravivendas

O Concello das Neves segue adiante coa rehabilitación de vivendas e xa ten en marcha as obras en dúas casas máis, unha na parroquia de San Xosé de Ribarteme e outra en Tortoreos.

Veciños da Communauté de Communes Sud-Retz Atlantique visitan As Neves

Dende o pasado mércores día 17, 38 veciños da Communauté de Communes Sud-Retz Atlantique, en Francia, rexión que está irmandada as Neves, visitaron o noso concello e estiveron aloxados en casas particulares do mesmo.

O alcalde das Neves reúnese coa conselleira de Infraestructuras e mobilidade en Santiago

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, mantivo unha reunión de traballo en Santiago coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar varios temas pendentes que afectan ao concello.

O alcalde das Neves propón ao de Arbo a creación do parque forestal en San Fins

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, mantivo unha conversa telefónica co alcalde de Arbo, Horacio Gil, para reiterarlle o ofrecemento de colaboración de todos os medios co que conta o concello nevense para loitar contra o lume, intencionado, que dende o pasado sábado afecta a Arbo e que arrasou máis de 400 hectáreas.

As Neves multará aos donos que non limparon as súas fincas de maleza

O Concello das Neves iniciou o procedemento para multar aos propietarios das fincas que non procederon a retirar a maleza e o arborado prohibido, aumentando así o risco de incendios forestais.