Mércores, 7 Maio de 2025

As Neves

A XV Festa do Tinto Rías Baixas se celebrará o vindeiro 12 de outubro nas Neves axustando o seu formato á realidade Covid

A celebración este ano da XV Festa do Tinto Rías Baixas, en As Neves, non seguirá o formato dos anos pasados. A situación creada pola Covid-19 fixo necesario adaptar a súa forma a esta nova realidade. A xa tradicional festa deixará paso, o vindeiro luns, 12 de outubro, a un acto de promoción deste produto nas instalacións da carpa do Hotel Nande, entre as 12:00 e as 15:00 h.

ADEGA retoma o seguimento e as visitas do programa de compostaxe no Concello de As Neves

ADEGA retoma neste mes de setembro as visitas de seguimento ás vivendas do concello de As Neves que fan uso do seu composteiro individual. Continuaranse recollendo datos sobre temperatura, nivel de enchido, evolución do compost, resolvendo dúbidas e asesorando sobre o correcto uso dos mesmos.

A Xunta recibe as obras da depuradora de augas residuais da plataforma loxístico-industrial de Salvaterra-As Neves

Técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) acaban de proceder á recepción das obras de construción da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Plataforma Loxístico-Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), dando un paso máis cara a posta en funcionamento do parque empresarial.

O Concello das Neves cumpre co seu compromiso de asumir as limpezas adicionais e desinfeccións dos centros de ensino

O Goberno Local, vai custear os gastos derivados das limpezas e desinfeccións necesarias para cumprir coas necesidades de seguridade actuais. O embolso, por un total de 3.970 € mensuais de gasto adicional ao que xa se vén facendo, inclúe actuacións no colexio, nas escolas unitarias, no Pavillón Municipal, e no Centro de Día.

Comeza o programa de formación para o Comercio Local impulsado polo Concello das Neves

Consciente das tendencias de consumo actuais, cada vez máis dixitais, e da aceleración desta tendencia coa chegada da Covid-19, dende o goberno local desenvolveuse un programa formativo para o comercio local, co obxectivo de promover a súa transformación estratéxica e dixital, con formación, asesoramento e apoio no novo escenario post-Covid.

Nais e pais de 5º de primaria do CEIP Pazo da Mercé non levarán aos seus fillos a clase o venres

As nais e pais da ANPA Eira da Liñaza das Neves, non levarán aos seus fillos de 5º de Primaria o vindeiro venres, día 11. A medida, comunicada á concelleira de Ensino das Neves, Pilar González Casas, ten coma obxectivo protestar pola actitude da Consellería de Educación da Xunta de Galicia en relación co número de alumnos que terán que estar na aula de 5º curso do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.

O Plan DepoRemse da Deputación transforma o espazo urbano das Neves entre o colexio e a Praza de San Agostiño

O centro das Neves xa conta cun espazo renovado e humanizado entre o colexio Marquesa do Pazo da Mercé e a praza de San Agostiño, a través da rúa Rosalía de Castro, grazas ás obras de mellora da seguridade viaria que se executaron ao abeiro do Plan DepoRemse da Deputación de Pontevedra. O deputado Gregorio Agís, acompañado polo alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, visitou esta actuación, na que se investiron 254.868 euros, o 90 % aportado pola institución provincial e o restante 10 % polo Concello.

60 residentes das Neves participan desde esta semana nas ‘clases de ximnasia saudable para maiores’

O Concello de As Neves ofrece á súa poboación a posibilidade de participar nas clases de ximnasia saudable para maiores. Este ano ademáis de no centro da vila, as clases tamén impartiranse nas parroquias de San Cibrán de Ribarteme, San Pedro de Batalláns e Setados

As Neves gaba o labor do seu comercio durante confinamento nun documental

O Concello das Neves estreou onte sábado un documental que realizado por Daniel Pérez baixo o título 'O comercio que nos coida' buscaba poñer en valor a importancia do traballo relizado por as e os comerciantes nas primeiras semanas do estado de alarma, "semanas nas que o comercio local xogou un papel fundamental", asegurou o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

O Concello das Neves moviliza todos os seus recursos para extremar a seguridade, limpeza e hixiene na volta ás aulas

Representantes de centros educativos das Neves participaron nunha reunión convocada polo Goberno local, presidida polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acompañado pola concelleira de Ensino, Pilar Gonzalez Casas, para poñer en común as medidas a tomar neste comezo de curso, marcado pola COVID-19, e establecer a colaboración do Concello ante a "falla de instrucións por parte da Xunta, a día de hoxe".

Na comarca do Condado, catro concellos reciben achegas da Deputación para fomentar a igualdade e previr as violencias machistas

A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 21.325,31 euros a catro concellos da comarca do Condado coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Salvaterra de Miño os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

O Concello das Neves investiga a autoría dun verquido en Pousadouro

O Concello das Neves está a investigar a procedencia e autoría dun verquido na zona do Pousadouro. No lugar hai unha rotonda con cinco vías, unha área para xantar ao aire libre, o paso do Camiño dos Frades e o acceso ao concorrido Miradoiro de San Nomedio.