Un investimento de máis de 85.000 euros da Deputación de Pontevedra permitiu mellorar as infraestruturas municipais das que gozan os veciños das parroquias de Setados, Vide e Tortoreos. Unha vez rematadas as obras, hoxe foron supervisadas polo deputado de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez. Na visita participaron tamén a deputada Olga García, o tenente de alcalde, Marcelino Couto, e o concelleiro Óscar González.
O Concello das Neves vén de asinar un convenio coa Asociación Avelaíña para desenvolver un programa denominado “Servizo de Información e Asesoramento en Saúde Mental". Trátase dun programa de Prevención da Exclusión Social que consiste nun conxunto de actuacións dirixidas a dar resposta ás demandas da poboación en relación coa saúde mental, mellorando así a súa calidade de vida.
O distrito forestal XVII e o Concello das Neves veñen de impulsar este proxecto que se está a desenvolver cun orzamento total de 391.960,13 euros xestionados pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e que permitirán acutuar en 135,69 hectáreas distribuídas nos montes das CMVMC de Taboexa, San Xosé de Ribarteme, Cerdeira, Rubiós e Tortoreos.
A Concellería de Vías e Obras das Neves, que dirixe o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, vén de rematar a primeira fase da reparación da estrada de Casal da Vila ao Marquiño, na parroquia de San Xosé de Ribarteme.
A Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca asinaron esta mañá co grupo tecnolóxico Arbinova SL as escrituras polas que se lle adxudica formalmente a esta empresa unha parcela de 2.570,9 m2 na Plataforma Loxístico Empresarial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan).
O programa provincial de concienciación contra as violencias machistas 'Mulleres en Acción. Violencia Zero' pasou polo Concello de As Neves, cunha performance a cargo da artista Carmen Méndez, quen baixo o título 'Rompendo o silencio' deu voz ás mulleres que sofren todo tipo de violencia psicolóxica. A representación celebrouse na Casa da Auga con restricións de asistencia por mor da pandemia e contou coa presentación da deputada Iria Lamas; o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro. O acto foi retransmitido pola web da Deputación e as RRSS para garantir a súa difusión.
O Concello das Neves vén de solicitar a inclusión de máis zonas no Convenio con Seaga para a xestión da biomasa das faixas de protección dos núcleos de poboación. Os traballos, que se suman aos que xa se iniciaron nas faixas de Liñares, Tortoreos e As Neves, suman ata 10 hectáreas de execucións subsidiarias, 10 Km de beiras de pistas, e actuacións nos terreos nos
que se desenvolverá a aldea modelo.
O pasado ano 2020, o Concello asinou o convenio con Seaga para a xestión da biomasa das parcelas situadas nas faixas de protección dos núcleos de poboación das parroquias de Liñares,Tortoreos e As Neves; faixas que afectan até 50 metros arredor das zonas urbanas, urbanizables ou de núcleo rural ou arredor de vivendas ou instalación illadas.
O Goberno do Estado, por medio dunha resolución do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, vén de declarar extinguida a concesión a Gas Natural-Fenosa o dereito de aproveitamento hidroeléctrico do tramo internacional do río Miño, o Salto de Sela, nos concellos de Arbo, Crecente e As Neves.
A rapazada dos concellos de Salvaterra e as Neves aprendeu onte como se desenvolve a pesca tradicional da lamprea e achegouse á práctica da transhumancia, dúas mostras de traballos artesanais que aínda sobreviven nos concellos da raia. Escoitaron a importancia de conservar o idioma, nalgúns casos en risco de desaparecer como a variedade dialectal do ‘goianés’ e coñeceron particularidades musicais como as treboadas.
O Concello das Neves vén de aprobar en Xunta de Goberno Local, o plan de contratación de 2021. Ao abeiro do Plan Concellos 2021, solicitouse á Deputación a relación de postos a contratar neste ano, que serán un total de 10 persoas para realizar os traballos de conservación de bens públicos e para o correcto funcionamento dos servizos municipais.
Nunha reunión telemática mantida o pasado mércores 20 polo o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e a concelleira de Benestar Social, Pilar González Santos, coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, o Concello foi informado do aumento de horas asignadas para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que supón unha subida de 552 horas, e sitúa As Neves en 20.364 horas de SAF, o que representa un incremento do 2,7 % respecto de 2020.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.