Venres, 2 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Salceda destina máis de 90.000 euros a 25 entidades culturais, sociais e deportivas do municipio

Os convenios contribúen a sufragar os gastos realizados ao longo do ano e que as entidades beneficiarias terán que xustificar no Concello durante o...

O descoñecemento da lexislación, un dos efectos secundarios da vaga de incendios do 2017

A vaga de incendios do 2017 que asolou literalmente o sur de Pontevedra, deixou non só en evidencia unhas ineficaces medidas de protección da nosa masa forestal por parte da administración autonómica, senón tamén o descoñecemento das leis que rexen os montes por parte propietarios e propietarias dos mesmos, circunstancia que case que non se da nas Comunidades de Montes de Man Común, si que é máis que habitual no caso das persoas individuais.

Salceda recibe 250.000 euros para atender a 100 persoas desempregadas

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Emprego e Formación que dirixe Verónica Tourón, está a poñer en marcha un Programa Integrado de Emprego, para o cal ven de recibir unha subvención de 250.000 € A por parte da Xunta de Galicia.

Salceda acolle un curso sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este outono en toda Galicia un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. O próximo curso, que abordará a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, desenvolveranse este xoves 31 en Salceda de Caselas (Casa de Cultura de Picoña) a partir das 16 horas.

O Goberno de Salceda cualifica de “irresponsable” ao PP ao impedir o aprazamento do Pleno

O Equipo de Goberno de Salceda (Movemento Salceda e PSOE) lamentaron a actitude "pouco colaboradora" do Partido Popular de Salceda ante a solicitude de cambio de data do Pleno ordinario que se celebrará este venres 25 de outubro, e que non incluirá puntos na parte resolutiva da orde do día. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, cualificou a postura dos populares de "irresponsable" e asegurou que "decidiron non colaborar coa acción de goberno antepoñendo os seus intereses aos intereses da veciñanza".

Concello de Salceda e Xunta procuran solucións para o enlace da Lagoela

Nesta semana, a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira; o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel González, e o arquitecto municipal, Rubén Martín, reuníronse con Jose Luis Díez, xefe territorial de Infraestructuras e Movilidade en Pontevedra, e Fausto Núñez, xefe da AXI de Pontevedra, para analizar os diferentes temas que ambas institucións teñen sobre a mesa.

A Asociación Trezecatorze de Salceda organiza unha palestra e conversa con Carlos Taibo

A 'Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxita Trececatorze' de Salceda de Caselas vén de organizar para o vindeiro xoves, 10 de outubro, ás 20:30 horas e no Local Social do Antigo Matadoiro de Salceda, unha interesante palestra que, baixo o título 'Decrecemento en tempos de emerxencia climática', correrá a cargo de unha voz máis que autorizada como é a de Carlos Taibo.

Salceda xa conta cun Gabinete de Atención Temperá

O Concello de Salceda botou a andar un gabinete de atención temperá para atención á poboación infantil de 0 a 6 anos co obxectivo de dar resposta canto antes ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos

Salceda mellora a comunicación entre os barrios de Petoa e O Rial cunha nova pista

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de vías e obras, está a executar estes días a apertura da nova pista entre a Petoa e o Rial, na parroquia de Santa María. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, lembraba que "estamos nun concello rural e as nosas parroquias merecen que fagamos un importante esforzo en infraestruturas".

Salceda aproba, inicialmente, un Orzamento de preto máis de 4,8 millóns de euros

O goberno de Salceda (Movemento Salceda e PSOE) vén sacar adiante, de xeito inicial, os orzamentos para este ano 2019, aprobados en sesión plenaria cos votos en contra do PP. Os orzamentos ascenden a 4.809.240 € o que supón un incremento en 700.000 euros sobre os prorrogados dende o 2016, incremento que foi posible grazas ao remanente de tesourería existente.

O equipo de Goberno de Salceda cualifica de “positivos e produtivos” os 100 primeiros días

Cando están a piques de cumprirse os primeiros cen días dende a toma de posesión, o equipo de goberno de Salceda, formado por Movemento Salceda e PSdeG-PSOE, cualificou este primeiro período como “moi positivo” e, o máis importante, “moi productivo”. En tan só tres meses de andadura do mandato, Salceda aprobou xa inicialmente o Regulamento Orgánico Municipal e o Regulamento de honores e distincións.

Salceda inviste 13.000 euros na mellora do parque infantil de Barreiro

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, está a acometer obras de mellora en diferentes parques...