Domingo, 4 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Salceda reabre o seu mercadiño dos mércores

O Concello de Salceda de Caselas vén de anunciar a reanudación do mercado semanal dos mércores a partires deste mércores 27 de maio, máis de dous meses despois da súa suspensión por mor do decreto de estado de alarma. Esta reapertura é, para a concelleira de Comercio, Verónica Tourón, "un pasiño máis na reactivación da economía local".

O Concello de Salceda reabre as súas portas con tódalas medidas de seguridade

A Casa do Concello de Salceda e a Casa da Cultura Castelao volven abrir as súas portas ao público este xoves 21 de maio, unha vez que se conte con tódalas medidas de seguridade precisas tanto para salvagardar o cadro de persoal como a veciñanza. En ámbolos dous edificios só se atenderá con cita previa, que se pode solicitar a través de teléfono ou empregando a sede electrónica.

Salceda de Caselas recupera a normalidade comercial

O Concello de Salceda de Caselas, xunto coas dúas asociacións de comerciantes existentes no municipio, veñen de facer unha valoración positiva da primeira semana de apertura de comercio minorista e terrazas. O maior movemento notouse, sen dúbida, no casco urbano, pero noutras zonas comerciais como a da Tabernanova tamén se empeza a notar esa volta á nova normalidade pouco a pouco.

Salceda de Caselas porá en marcha un Gabinete Psicolóxico

O Concello de Salceda botará a andar este ano un gabinete de atención psicolóxica que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais. O gabinete suporá un investimento anual de 10.925 €, e estará financiado dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Salceda creará unha exposición permanente sobre o Rancho de Reis

O Concello de Salceda de Caselas destinará un total de 11.770 € á creación da exposición permanente que levará por título 'O rancho de Reis de Salceda de Caselas', que estará ubicada no recibidor do Auditorio Municipal. A mostra estará financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2020

Salceda destina máis de 43.000 € a axudar ás familias máis desfavorecidas pola COVID-19

O Concello de Salceda de Caselas destinará un total de 43.137,79 € á atención ás familias máis desfavorecidas dentro da crise orixinada polo coronavirus a través do Programa de alimentos. A financiación será sufragada dentro de dúas liñas de subvención da Diputación de Pontevedra, unha delas específica para paliar os efectos da crise do coronavirus, e a outra dentro do Plan Concellos 2020. Esta aportación ven a unirse aos 5.000 € que o futbolista salcedense Denis Suárez destinara xa a este mesmo concepto no inicio da crise.

‘Corre X Salceda’ reinvéntase e celebra a súa primeira edición virtual

Este domingo, 3 de maio, Salceda de Caselas debería acoller a celebración dun dos seus eventos deportivos de máis soa: a oitava edición da 'Corre X Salceda', unha carreira que cada ano congrega no municipio a máis de 800 deportistas de tódalas idades convertendo a proba, nunha auténtica festa do deporte. Porén, nesta ocasión, pese a que o confinamento manda, o Concello non está disposto a 'tirar a toalla' e renunciar á súa proba deportiva máis destacada.

Salceda de Caselas fai un “positivo balance” da primeira saída de menores de 14 anos dende a declaración do estado de alarma

O Concello de Salceda vén de facer "un balance positivo" dos primeiros días de saída dos nenos e nenas menores de 14 anos aos espazos públicos que, salvo contadas excepcións, se realizou "cumprindo as normas e respectando as indicacións marcadas dende o Goberno". As sendas fluviais e os espazos abertos como prazas ou parques foron os lugares elixidos en maior maneira para estas saídas, que ademais se están a realizar ao longo de todo o día, evitando deste xeito as aglomeracións que poidan producirse nas horas puntas.

O Concello de Salceda apoia ao comercio local

O Concello de Salceda de Caselas está a desenvolver diversas iniciativas coas que quere amosar o seu apoio incondicional ao comercio local "nesta situación especialmente complexa para o sector", afirma o Goberno local. Así, as plataformas de comunicación das que dispón o Concello (páxina web e redes sociais) serven de medio para informar á veciñanza sobre os establecementos que permanecen abertos ao público ou aqueles que ofrecen servizo a domicilio.

O Concello de Salceda fai aprovisionamento de máscaras cirúrxicas homologadas para distribuír entre a cidadanía

O Concello de Salceda recibirá, ao longo da vindeira semana, un pedido de 5.000 máscaras homologadas cuxa compra xestionouse con distintos provedores durante estas dúas últimas semanas. Na mesma liña, o Goberno de Salceda solicitou á Vicepresidencia da Xunta de Galicia outro lote de 4.500 máscaras coa mesma finalidade.

A listaxe de ‘pacientes de coronavirus’ indigna a Movemento Salceda

A publicación nun medio de comunicación dunha listaxe de ‘pacientes coronarivus’ de centros de saúde do sur sa provincia, entre eles o de Salceda de Caselas, amais de espertar a indignación de Movemento Salceda e persoal sanitario, lévanos tamén a facer unha fonda reflexión sobre o COVID-19 e a ética da información. Nunha situación de gravísima crise sanitaria é cando os medios de comunicación maior responsabilidade deben adoptar á hora de publicar determinadas información e, en todo caso, esas teñen que ser meridianamente claras para que non ofrezan ningún tipo de dúbida.

Salceda chora o pasamento e Justo González, ‘Salcedense Distinguido’ no 2015

Salceda amencía o domingo coa triste nova do pasamento de Justo González, coñecido por ser un dos fundadores da banda de música da vila, ademáis de pola súa pertenza á mítica Orquestra Sur, e por rexentar unha zapatería durante moitos anos no centro da vila, na que misturaba a venta de zapatos coas clases de solfexo que impartía a ducias de nenos e nenas en plena zapatería.