Domingo, 4 Maio de 2025

Salceda de Caselas

A alcaldesa de Salceda solicita á Subdelegación do Goberno “un reforzo da vixilancia” de cara a garantir á seguridade da veciñanza

A alcaldesa de Salceda de Caselas, nun escrito dirixido á Subdelegación do Goberno en Pontevedra, vén de pedir un reforzo da vixianza no Concello de Salceda de Caselas por parte dos diferentes corpos de seguridade do Estado, "garantindo a seguridade da nosa veciñanza".

As alcaldesas de Salceda e Salvaterra piden á Xunta a creación duna praza de pediatría compartida para atender a ámbolos dous concellos

As acaldesas de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira e Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, veñen de remitir unha solicitude conxunta á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, na que se pide a creación "dunha nova praza de pediatría compartida" entre os dous concellos "e a dotación do mencionado persoal de xeito urxente".

A Xunta comproba a organización do CEP Altamira de Salceda para adaptarse ao protocolo da COVID-19

O xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesiona, César Pérez Ares, achegouse hoxe ata o CEP Altamira na localidade de Salceda de Caselas para coñecer de primeira man a organización do equipo directivo para adaptarse ás medidas que marcan o Protocolo fronte á COVID-19.

O PSOE de Salceda reclama á Xunta que “consensúe o protocolo” para o inicio do próximo curso escolar

O PSdeG-PSOE de Salceda solicitará á Xunta consensue un protocolo de actuación contra o COVID19 e asuma os seus custes, presentando unha moción no próximo Pleno, sumándose así á iniciativa do PSdeG-PSOE a nivel Galicia. O PSOE local, a través da súa portavoz Verónica Tourón pide á Xunta "que asuma as súas competencias en educación" e subliña que para cumprir o protocolo que a propia Xunta estableceu, "é necesario máis persoal, máis docentes e instalacións axeitadas á nova normalidade".

A Xunta estende o programa Cultura no Camiño + a preto de 150 municipios, entre eles Arbo e Salceda de Caselas

O circuíto da Xunta Cultura no Camiño + celebra ata o 15 de outubro a súa oitava edición, nunha versión ampliada que estende a súa programación a 149 concellos de toda Galicia no marco do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da Covid-19. Todos eles son beneficiarios das subvencións convocadas pola Consellería de Cultura e Turismo para a contratación de espectáculos profesionais galegos ao abeiro deste programa, que volve contar co patrocinio de Gadis.

Salceda úrxelle á Xunta a renovación dos baños do colexio Altamira

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitarlle á Xunta de Galicia que acometa a renovación dos aseos do CEP Altamira, unhas instalacións con máis de 40 anos de antigüidade que coa situación de pandemia que se está a vivir resultan un posible foco de infección para os 600 nenos e nenas escolarizados no centro, un dos máis numerosos de Galicia.

Salceda envía unha solicitude á Consellería de Sanidade e ao SERGAS pola situación que se está a vivir no Centro de Saúde

A alcaldesa, Loli Castiñeiras, expón que nas últimas semanas están a recibir multitude de queixas dos veciños e veciñas do municipio pola dificultade que se está a producir para recibir atención no Centro de Saúde.

A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de técnicas de poda en Salceda

A Asociación Forestal de Galicia organiza a vindeiro xoves, 30 de xullo, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas un curso de "Técnicas de poda forestal".

Salceda reafirma o seu compromiso coa igualdade poñendo en marcha diversas accións enmarcadas no II Plan de Igualdade Municipal

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, acompañada pola técnica de igualdade do Concello, Irene Ojo e da consultora Laura Seara, presentaron na mañá de hoxe na Casa da Cultura Castelao as actividades do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, iniciatia incluída dentro do II Plan de Igualdade Municipal e que ao longo dos vindeiros meses desenvolverá obradoiros e iniciativas nos que participarán 40 mulleres.

Primeiras sancións en Salceda por non empregar máscara protectora

A fin de semana das Festas do Cristo saldouse coas primeiras denuncias por non empregar máscara protectora. Garda Civil e Policía Local reforzaron a vixianza no municipio por mor das festas, e deste xeito producíronse as primeiras denuncias vinculadas ao uso da máscara protectora.

Salceda amplía a superficie do Penedo Redondo ata os 13.100 m2

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o Presidente da Comunidade de Montes de Parderrubias, Jose Estévez, veñen de asinar o acordo de cesión de 13.100 m2 de terreo comunal na zona do Penedo Redondo que lle permitirá ao Concello a construción dun novo campo de fútbol 8 así como dunha área de adestramento de porteiros/as, para dar cabida deste xeito ás case 400 persoas que se prevé que fagan uso das instalacións a vindeira tempada.

Primeiras sancións do Concello de Salceda por non recoller os excrementos das mascotas

O Concello de Salceda de Caselas ven de facer efectivas as primeiras sancións por non recoller os excrementos das mascotas nas vías públicas. As sancións, por un importe de 300 € que se verá incrementado en caso de reincidencia, veñen a intentar solucionar un problema de ornato público que en determinados momentos resulta demasiado reiterado no casco urbano da vila, coas consecuentes molestias ao tráfico peonil.