O Concello de Salceda de Caselas vén de convocar para o vindeiro 30 de maio a que será a constitución da súa Mesa Local de Coordinación interinstitucional fronte a Violencia de Xénero.
Este venres 13 de maio, encadrada nos actos polas Letras Gañegas organizados pola Concellería de Cultura, poderemos gozar do teatro profesional no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas da man da compañía Amorodio Teatro presentando a súa obra “Reino da Extinción”.
Logo da polémica suscitada despois da solicitude, por parte da Concellería de Benestar Social, dunha subvención para a construción dun centro de día na parcela reservada para a segunda Galiña Azul, Movemento Salceda quere deixar claro que para a formación local a segunda Galiña Azul é irrenunciable.
A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, saiu ao paso das acusacións formuladas polo PP local sobre a presentación dunha solicitude de subvención para a construción do Centro de Día e lembra aos populares que o proxecto de Centro de Día e o proxecto da Galiña Azul, "son dous proxectos totalmente diferentes, adaptados os dous ás necesidades dos servizos que se ofrecen en cada un deles, e con todas as especificacións técnicas solicitadas polo Consorcio Galego de Benestar
A Concelleira de Ensino, Benestar Social, Sanidade e Voluntariado Ángela Ledo Souto e Alcaldesa Verónica Tourón visitaron as obras de Rehabilitación do Centro Social da Devesa que se iniciaron xa no pasado mes de abril.
O Concello de Salceda de Caselas, vén de solicitar a súa participación no Plan de Investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais integrado dentro do acordo asinado entre o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e a Federación Galega de Municipios e Provincias.
Os Concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves veñen de presentar ante a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia un Programa conxunto de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero destinado a mulleres dos tres municipios, que suman mais de 23.000 habitantes.
O vindeiro luns 25 de abril darán comezo no centro cultural da parroquia da Picoña a primeira dunha serie de xuntanzas que o equipo de goberno de Salceda de Caselas pretende levar a cabo por todas as parroquias do concello.
O pasado xoves 7 de abril celebrouse a primeira mesa sectorial de Educación, Mocidade, Infancia e Saúde e o primeiro consello do Deporte aos que acudiron as asociacións, colectivos e clubs dos respectivos eidos.
O concello de Salceda de Caselas, a través da súa Concellería de Emprego e Formación, ven de solicitar á Xunta de Galicia o obradoiro dual de emprego “Rehabilita Salceda” a través da convocatoria correspondente a este ano 2022.
A Deputación revalida o seu compromiso cos municipios da provincia coa aprobación, na Xunta de Goberno, de 2.851.477 euros da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos que chegarán a Silleda, Cambados, Pontecesures, Caldas de Reis, Portas, Barro, Moraña, Bueu, Redondela, O Porriño e Salceda de Caselas.
O equipo de goberno local deu a benvida ás novas incorporacións de persoal contratadas ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra. O persoal contratado ocupará postos de traballo para facer fronte a diferentes tarefas en diferentes servizos que presta o concello como os de Medio Ambiente, Recadación, Orientación Laboral, Conserxería, Biblioteca e Mantemento de dependencias municipais.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.