12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasO concello de Salceda de Caselas solicita o Obradoiro Dual de Emprego...

    O concello de Salceda de Caselas solicita o Obradoiro Dual de Emprego “Rehabilita Salceda”

    O concello de Salceda de Caselas, a través da súa Concellería de Emprego e Formación, vén de solicitar á Xunta de Galicia o obradoiro dual de emprego “Rehabilita Salceda” a través da convocatoria correspondente a este ano 2022.

    Este obradoiro dual de emprego solicítase como programa mixto de formación e emprego que promovido polo concello de Salceda esta orientado a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade. No mesmo alternarase  a mellora da cualificación das persoas participantes e a adquisición de experiencia laboral para as mesmas mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

    Dentro deste obradoiro se levarán a cabo as seguintes accións formativas, todas elas integradas dentro dunha única especialidade de albanelería deseñada para que se formen vinte alumnos e alumnas traballadores e traballadoras:

    • Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción (EOCB0109), (certificado de profesionalidade completo), 360 horas.
    • Fábricas de albanelería (EOCB0108), (certificado de profesionalidade completo), 410 horas
    • Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (EOCB0208), (certificado de profesionalidade completo), 320 horas
    • Revestimentos con pastas e morteiros en construción (EOCB0210), (MF1938_2)

    Estas accións formativas suman un total de 750 horas que se complementarán coas 870 horas de prácticas coas que contará o alumnado para adquirir experiencia laboral durante a súa formación.

    A subvención solicitada á Xunta de Galicia para a realización do obradoiro “Rehabilita Salceda”  ascende a 508.465,20€ que cubrirían o orzamento estimado para o seu desenvolvemento e cobertura de gastos de contratación de persoal de xestión, persoal docente e de apoio, contratación e pago do alumnado traballador participante e os gastos de funcionamento e xestión. O concello de Salceda aportará ao financiamento do obradoiro unha partida orzamentaria de 5.000,00€

    Verónica Tourón alcaldesa e responsable da Concellería de Formación e Emprego “A solicitude dun novo obradoiro dual de emprego para este ano 2022, supón para o concello de Salceda un afianzamento das estratexias de promoción de emprego que se poñen a disposición da cidadanía é unha ferramenta para mellorar de forma continua as posibilidades de insertar laboralmente na nosa vila ás persoas que se atopan en situación de desemprego”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.