11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasO Concello de Salceda solicita financiamento para a construción dun centro de...

    O Concello de Salceda solicita financiamento para a construción dun centro de día

    O Concello de Salceda de Caselas, vén de solicitar a súa participación no Plan de Investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais integrado dentro do acordo asinado entre o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

    Solicitouse a participación para o financiamento da construción dun Centro de Dia en Salceda de Caselas de 1.000 metros cadrados cunha capacidade para atender a 40 usuarios/as. O edificio igualmente contará coas últimas dotacións en relación cos seus sistemas de eficiencia enerxética  e o uso de enerxías renovables.

    Dende o goberno municipal considérase o centro de DIA un servizo imprescindible, non so para o coidado das persoas maiores senón tamén  para acadar a conciliación, xa que son as mulleres as que na maior parte dos casos se encargan dos coidados das mesmas. Salceda conta cunha poboación de mais de 1.500 veciños e veciñas maiores de 65 anos.

    A subvención solicitada para a construción do centro de DIA encádrase dentro do marco dos fondos europeos procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia que están sendo xestionados a través do convenio asinado entre o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e a comunidade autónoma galega.

    A concelleira de Benestar Social Ángela Ledo Souto e a alcaldesa Verónica Tourón destacaron a importancia de que Salceda poida contar coas dotacións e infraestruturas necesarias para asegurar nun futuro os mellores servizos e coidados para os nosos maiores e aplicar políticas que fagan fronte ao reto demográfico relacionado co envellecemento da poboación nos entornos rurais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.