Xoves, 1 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Salvaterra, Salceda e As Neves presentan por terceiro ano o Programa Xuntas, pioneiro na xestión de igualdade

O Programa Xuntas, unha iniciativa pioneira para a atención, asesoramento, formación e intervención con mulleres de diversos perfís e idades, cumpre tres anos

Salceda presenta “o mellor Entroido da Provincia” co seu enfrontamento entre A Feira e Castro Barreiro

O Concello de Salceda de Caselas presentou esta mañá a súa festa máis tradicional e imporante: o Entroido

A recuperación do Carreiro do Rollo, en Salceda, premiada entre as mellores obras de Galicia

A entrega de premios celebrarase o 25 de xaneiro no novo Edificio multiusos sociocultural de Tui, rehabilitado recentemente

Falece un veciño de Salceda atropelado por un camión no Porriño

Un home de 41 anos, veciño de Salceda de Caselas, perdeu a vida este mércores nun tráxico accidente laboral

O Circo de Pinocho chega a Salceda unindo circo tradicional e teatro musical

O espectáculo realizarase nunha carpa de circo con aforo para 450 persoas, comodamente sentadas en butacas individuais e con calefacción

Salceda subvenciona con máis de 126.000 € ao tecido asociativo e colectivos locais

O Concello de Salceda de Caselas vén de asinar os convenios cos 32 colectivos que contan con subvención nominativa

A primeira promoción de bacharelato de Salceda gradúase no Pazo Pegullal

O Pazo Pegullal foi o marco escollido para a celebración da graduación da primeira promoción de bacharelato de Salceda na tarde do venres 14, un acto sen dúbida inesquecible para os 49 rapaces e rapazas que celebraron o remate dos seus estudos de bacharelato no IES Pedras Rubias. O acto tiña sen dúbida un carácter especial, por ser esta a primeira promoción en rematar os seus estudos de bacharelato en Salceda tras a súa implantación no curso 2022/2023.

Douscentos quilómetros de sendas e viais limpados ao abeiro do I Plan Anual de rozados de Salceda

O concello de Salceda de Caselas vén de rematar a primeira fase do seu Plan Anual de Rozados que botou a andar no mes de febreiro. O equipo de goberno dá resposta deste xeito ao seu compromiso electoral que trata de acometer unha actuación planificada e ordenada das tarefas de mantemento dos principais viais e camiños de propiedade municipal.

Salceda e Salvaterra poñen en marcha un novidoso pioneiro sobre corresponsabilidade e conciliación que beneficiará a máis de 60 familias

Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha iniciativa conxunta orientada á corresponsabilidade de pais e nais e á promoción da conciliación, que arrancará o vindeiro 15 de maio.

O PP de Salceda alerta da perda de preto de 90 prazas de aparcamento no centro urbano coas novas humanizacións

O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de alertar da perda de preto de 90 prazas de aparcamento no centro da localidade cos novos proxectos do que cualifican de “humanizacións radicais” nas rúas Coruña, Victoriano Pérez Vidal e as que hai que sumarlle as de Rafael Tilve e Ador, nas que o Grupo Popular abstivérase "xa que mantiña aparcamento en Rafael Tilve pero no na rúa Ador" explican os populares.

Salceda recibe tres estudiantes francesas en intercambio

​O Concello de Salceda recibe nestes días a tres visitantes moi especiais chegadas dende Francia. Trátase de tres alumnas da rexión Grand Est –das cidades de Metz e Nancy– que participan no intercambio educativo EDUMOB da Xunta de Galicia. Este programa busca fomentar a interculturalidade mediante o coñecemento lingüístico e cultural entre alumnado desa rexión e Galicia. Marie, Insaf e Rania pasarán este mes en Salceda asistindo a clases no IES Pedras Rubias, ata o vindeiro 28 de abril.

Concello de Salceda e Federación Galega de fútbol, da man para mellorar o Penedo Redondo

O Concello de Salceda vén de recibir o proxecto para a renovación do céspede do campo de fútbol do Penedo Redondo de mans da Federación Galega de Fútbol que sufraga a redacción do traballo na súa totalidade. A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asinaron o convenio de colaboración o pasado 21 de febreiro no propio campo de fútbol do Penedo Redondo.