Luns, 12 Maio de 2025

A Louriña

O alumnado do IES Ribeira do Louro do Porriño aprenden primeiros auxilios

Un total de 159 alumnos e alumnas do Instituto de Ensino Secundario 'Ribeira do Louro' do Porriño están a recibir un curso de primeiros auxilios de nivel básico impartido por persoal do 061. Trátase dunha iniciativa formativa que promove o Concello porriñés a través da Concellería de Seguridade e Educación que dirixe Lourdes Moure.

Policía Local do Porriño e Garda Civil impiden un roubo no estanco de Mos

A Policía Local de O Porriño colaborou coa Garda Civil de Mos para frustrar esta mañanciña, o roubo roubo ao estanco de Mos conseguindo deter ao presunto autor dos feitos, un individuo que estaba a forzar a entrada do establecemento cunha palanqueta.

Unha quincena de persoas benefícianse do programa «Cultiva a Mente» de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración con AFAGA e coa financiación da obra social de Caixabank está a desenvolver unha nova edición do programa 'Cultiva a mente', un proxecto que engloba a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional.

Salceda destina máis de 90.000 euros a 25 entidades culturais, sociais e deportivas do municipio

Os convenios contribúen a sufragar os gastos realizados ao longo do ano e que as entidades beneficiarias terán que xustificar no Concello durante o...

O descoñecemento da lexislación, un dos efectos secundarios da vaga de incendios do 2017

A vaga de incendios do 2017 que asolou literalmente o sur de Pontevedra, deixou non só en evidencia unhas ineficaces medidas de protección da nosa masa forestal por parte da administración autonómica, senón tamén o descoñecemento das leis que rexen os montes por parte propietarios e propietarias dos mesmos, circunstancia que case que non se da nas Comunidades de Montes de Man Común, si que é máis que habitual no caso das persoas individuais.

A Policía Local do Porriño atende un condutor en parada cardíaca

Os axentes da Policía Local salvaron a vida a un conductor que se atopaba inconscente dentro do seu vehículo despois de colisionar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. No momento de recibir o aviso, ao lugar dos feitos desprazáronse dous coches patrulla e atoparon ao conductor accidentado en parada cardíaca.

A porriñesa Noemí Fernández representa a España no «Tour Music Fest» de Roma

A cantante porriñesea Noemí Fernández, foi recibida hoxe no Concello pola alcaldesa Eva García de la Torre e por Lourdes Moure, concelleira de Educación, que lle desexaron moítisma sorte na súa inminente participación no concurso europeo 'Tour Music Fest' no que Noemí representará a España na final dese certame que se celebrará en Roma o vindeiro 7 de decembro.

A Deputación remata os muros de contención e reposición de firme da EP 2401 no Porriño

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras para a reposición do firme e o execución de dous muros de contención para a mellora da EP 2401 no Porriño. A actuación foi adxudicada por preto de 90.000 euros e soluciona problemas de estabilidade da vía.

Paula González Jorge, Mos na Selección Española de Fútbol Feminino Sub-16

A xogadora do Mos Feminino, Paula González Jorge, foi convocada pola Selección Española de Fútbol Feminino Sub-16, coa que aínda non xogou ningún partido pero sí asistiu xa aos adestramentos que tiveron lugar en Las Rozas en Madrid, do 21 ao 23 de outubro.

A policía do Porriño esclarece a “detención ilegal” dun chofer dun vehículo de aluguer

A Policía Local de O Porriño esclareceu un caso dunha presunta "detención ilegal" do chófer dun vehículo dunha empresa portuguesa de aluguer con conductor. O chófer foi retido, presuntamente pola forza, por catro mozos tamén portugueses que viñan 'de marcha' por varios días e que foron detidos por axentes locais de Porriño a través dun control policial efectúado na rúa Antonio Palacios.

Mos presenta a súas «XVI Xornadas Micolóxicas»

O bar restaurante O Cruceiro, na parroquia de Louredo, en Mos, foi escenario da presentación das XVI Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos, unha actividade que se iniciará o domingo 17 de novembro ás 12 horas na contorna do Pazo de Mos e, dende ese momento e durante todo o mes de novembro, nos restaurantes do municipio.

A deputada Olga García participa nunha actividade musical para persoas usuarias de teleasistencia

A deputada provincial de Cohesión Social, Olga García Ballesteros, acompañada polos concelleiros do Porriño, David Alonso e Sergio Casal, asistiu a unha actividade musical para persoas maiores usuarias do Servizo de Teleasistencia domiciliaria dos concellos de Mos e Porriño. A iniciativa, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra, desenvolveuse no Pavillón Municipal porriñés.