11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoA Deputación remata os muros de contención e reposición de firme da...

    A Deputación remata os muros de contención e reposición de firme da EP 2401 no Porriño

    A actuación, adxudicada por preto de 90.000 euros, permitiu o saneo e reposición do firme, a execución de beiravías e dous muros de contención para mellorar a súa estabilidade e a seguranza viaria

    A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras para a reposición do firme e o execución de dous muros de contención para a mellora da EP 2401 no Porriño. A actuación foi adxudicada por preto de 90.000 euros e soluciona problemas de estabilidade da vía así como aposta pola seguranza viaria entre os puntos quilométricos 3+322 e 3+351 e 4+165 e 4+179.

    En concreto, as obras executadas inclúen o saneo e reposición do firme da estrada e a execución dun tramo de beiravía de formigón entre os puntos quilométricos 3+322 e 3+351.

    Deste xeito preténdese corrixir a estabilidade do noiro recuando o eixo e a beiravía e dotando dunha berma na coroación do terraplén. Ademais, tamén se puxo en marcha unha varanda de seguridade para protexer ás persoas usuarias da beiravía.

    Por outra banda, na mesma estrada executáronse dous muros de contención entre os puntos quilométricos 1+165 e 4+179, un deles de nova planta e outro para substituír un existente co fin de solucionar problemas de inestabilidade.

    Nestes tramos tamén se repuxeron beiravías afectadas polos desprendementos e executouse unha cuneta para protexer os noiros dirixindo as augas ata o leito dos regos Miñoteira e Centeáns. Finalmente reforzouse a drenaxe da plataforma multiplicando a capacidade dun sumidoiro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.