Sábado, 10 Maio de 2025

A Louriña

Salceda mantén a súa aposta pola infancia coa creación dunha nova área recreativa para nenos e nenas de 8 a 14 anos

O Concello de Salceda levará a cabo as obras de construción da primeira fase dunha área recreativa na rúa Mártires de Sobredo, fronte ao novo centro de saúde que a semana próxima entrará en funcionamento. O proxecto, que conta con un orzamento de 39.612,48 €, estará financiado con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Salceda concede a licenza de primeira ocupación do novo centro de saúde

O Goberno local de Salceda de Caselas celebrou, na mañá de hoxe, unha Xunta de Goberno extraordinaria urxente co único punto na orde do día da aprobación da licencia de primeira ocupación do novo Centro de Saúde de Salceda, licencia que outórgase no prazo récord de tan só catro días dende que a Área Sanitaria de Vigo rexistrase a solicitude o pasado martes.

Trece vivendas, unha escola infantil e un centro de atención a maiores, contarán con saneamento en Casás

O Concello de Salceda de Caselas vén de salientar que nuns días quedarán rematados os traballos para a conexión á rede de saneamento no barrio de Casás, obras que contan cun orzamento de 24.512,67 € que serán asumidos con fondos propios do Concello de Salceda e executadas pola UTE do Consorcio de Augas do Louro.

O PP do Porriño asegura que o Concello contrata “a dedo” a limpeza viaria “pese a ter adxudicado o servizo”

O portavoz do PP do Porriño, Alejandro Lorenzo, denunciou o estado dos viais e camiños municipais "invadidos pola maleza" e que, sinala o concelleiro popular, "supoñen en moitos casos un evidente risco para a seguridade de peóns e condutores e agrava o perigo de incendio ás portas da tempada de alto risco". Esta situación, di Lorenzo "está a desatar aluvións de reclamacións dos veciños e veciñas do rural porriñés que demandan a inmediata intervención do Concello".

Salceda pide unha vez máis á Xunta a reparación do vial paralelo á EP2505 por ser “un perigo para vehículos e persoas”

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, reiterou diante da Axencia Galega de Infraestruturas que se acometa o asfaltado de urxencia da vía de servizo existente entre a EP-2505 a glorieta elevada sobre a PO-510 polo seu mal estado, que non reúne as condicións mínimas para a circulación de vehículos.

O Porriño pavimenta o camiño da Vacaría en Budiño

Esta semana comezaron as obras de pavimentación do camiño da Vacaría, en Budiño, acometidas polo Concello do Porriño, por iniciativa da Concellería de Urbanismo que dirixe Pedro Pereira.

A Xunta financia a atención temperá da agrupación dos concellos de Salceda e As Neves con máis de 105.000 euros

A Xunta concedeu esta semana axudas por uns 2 millóns de euros para financiar 28 unidades de atención temperá, dez delas de nova creación. Deste xeito, a agrupación de concellos composta por As Neves e Salceda de Caselas contará cunha subvención de 105.383,70 euros para manter a contratación dunha fisioterapeuta, dúas logopedas e unha psicóloga.

Salceda crea 100 novas prazas de aparcamento gratuíto na contorna do novo centro de saúde

O Concello de Salceda de Caselas ven de rematar a adecuación de dúas novas zonas de aparcamento no entorno do novo centro de saúde, na Rúa Mártires de Sobredo. Os novos espazos, que suman en torno a 2.200 metros cadrados e supoñen a creación de 100 novas prazas de aparcamento gratuíto en pleno casco urbano, estarán dispoñibles para ser usados nas vindeiras semanas, unha vez se proceda ao pintado da zona.

O PSOE de Salceda analiza os logros acadados transcorrido un ano dende as eleccións municipais

A portavoz do Grupo Municipal Socialista e tenenta de alcalde do Concello de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, fixo hoxe un detallado análise dos logros acadados transcorrido un ano dende as eleccións municipais, unha cita na que o PSOE superaba en máis de 300 votos os resultados das eleccións de 2015, acadaba un concelleiro máis o que, unido á falta dunha maioría absoluta "permitían formar unha maioría progresista e que o PSdeG-PSOE voltase ao Goberno municipal".

Salceda reabre o seu mercadiño dos mércores

O Concello de Salceda de Caselas vén de anunciar a reanudación do mercado semanal dos mércores a partires deste mércores 27 de maio, máis de dous meses despois da súa suspensión por mor do decreto de estado de alarma. Esta reapertura é, para a concelleira de Comercio, Verónica Tourón, "un pasiño máis na reactivación da economía local".

O Porriño entra na Fase 2 cun pórtico de control na Casa do Concello e a reincorporación do persoal municipal

A entrada en vigor da denominada Fase 2 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, estrouse hoxe no Porriño cun portico de control de temperatura e medidas de hixiene de obrigada utilización para todas as persoas que accedan ao interior do edificio consistorial.

A piscina municipal do Porriño instala novas portas antipánico

O concelleiro de Deportes do Concello do porriño, David Alonso, visitou hoxe as instalacións da piscina no Polideportivo Municipal, onde se instalarán novas portas antipanico, dado o estado de deterioro no que se atopaban as anteriores que, ademais, tiñan estropeado dito mecanismo.