Xoves, 15 Maio de 2025

A Louriña

Arranca a campaña solidaria de Nadal de recollida de alimentos coas primeiras doazóns de empresas mosenses

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro, recibiron na Casa Consistorial aos primeiros empresarios en sumarse un ano máis a esta campaña de aportación de alimentos destinados á campaña Nadal Solidario de Mos Axuda.

Mos pon en marcha o proxecto ‘Mos Peregrino’, un obradoiro dual de emprego cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade

Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia.

Salceda recibe o Nadal vestida de luces

"A COVID19 non nos fará perder a ilusión" con ese lema, toda unha declaración de intencións, Salceda de Caselas acendeu hoxe o seu alumeado de Nadal. Optou o Goberno local por un acendido virtual que se retransmitiu en directo a través das redes sociais do Concello. Unha a unha as rúas, prazas e edificios de Salceda foron enchéndose de cor e luz para dar a benvida ao Nadal.

A alcaldesa do Porriño congratúlase de que a Xunta solicite a licenza de obras para ampliar o Centro de Saúde

A alcaldesa do Porriño, Eva García congratulase de que a Consellería de Sanidade xa solicitase a licenza para a obra en relación co proxecto de ampliación do Centro de Saúde, e así móvase ficha na boa dirección.

‘Noites na Rúa’ ou como dinamizar o comercio e a hostalaría de Salceda en tempos complicados

Dende o pasado mes de outubro, a primeira fin de semana de cada mes ten un sabor especial en Salceda coa celebración de 'Noites de Rúa' unha iniciativa, tan novidosa como imaxinativa, do Concello de Salceda, –a través da Concellería de Comercio– e de ACISA, na que hostalaría e comercio camiñan da man co claro obxectivo de impulsar a súa actividade a través da dinamización das rúas.

O pleno de Mos aproba por unanimidade o Plan de acción polo Clima e a enerxía sustentable

Fai un ano que o Concello de Mos aprobaba tamén por unanimidade en Pleno a adhesión ao Pacto e, desde entón, púxose en marcha a redacción do proxecto mosense, a folla de ruta a seguir nos próximos anos respecto do Pacto.

Unha persoa sofre queimaduras por un lume na cociña

O 112 Galicia rexistrou un incendio pouco antes da medianoite no Porriño, no que foi necesaria a asistencia médica para a ocupante da vivenda, pois presentaba queimaduras nun brazo.

O proxecto “Atinando Recordos” emociona a cativos e maiores

Un total de 41 alumnos contactan de forma mensual cos maiores de Afaga, a través das cartas vanse coñecendo e construíndo lazos de unión. Esta é una actividade entrañable que permite traballar aspectos tan importantes como a empatía, o cariño, o respecto o que se convirte nunha experiencia inesquecible para ambas partes.

Os centros escolares do Porriño centralizan a recollida solidaria do #GivingTuesday

Os centros educativos do Porriño centralizan a recollida solidario de alimentos e produtos de hixiene infantil coa ocasión de celebrarse este martes 1 de decembro o “Giving Tuesday” ou “Martes de dar”, un movemento internacional que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.

Tras a aprobación do novo orzamento, Mos chegará a 2023 con débeda cero

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte coa maioría dos votos da Corporación Municipal o orzamento para 2021. O documento foi aprobado cos votos a favor do goberno local, a abstención da concelleira non adscrita Verónica Costas e os votos en contra de PSOE, GañaMos e BNG.

O Concello do Porriño autoriza unha celebración parcial do mercado ambulante a partir do 8 de decembro

A melloría no Porriño segue a confirmarse como acreditan os 62 casos activos de infectados, segundo comunicou hoxe o SERGAS. Supoñen unha notable rebaixa dos que tiñamos hai unha e dúas semanas atrás, segundo valorou hoxe a Comisión Municipal de Seguimento da Covid que celebrou reunión telemática, presidida pola alcaldesa Eva García.

Salceda ronda o centenar de denuncias por incumprimentos relacionados coa Covid-19

Cerca dun centenar de denuncias se levan realizado no municipio de Salceda de Caselas por incumprimentos derivados das restricións vinculadas á Covid-19, denuncias interpostas polos diferentes corpos de seguridade do Estado.