Xoves, 3 Xullo de 2025

A Louriña

O Sendeiro dos Muíños de Pereiras será circular

O Concello de Mos vén de ampliar e mellorar unha das rutas peonís "máis transitadas e frecuentadas do municipio" como é o Sendeiro dos Muíños da Salgueira, na parroquia de Pereiras. Os traballos amplían o seu percorrido e o transforman nunha ruta circular, pasando dos máis de 2 quilómetros aos 5 quilómetros.

A Deputación acomete obras de emerxencia na EP Mos-Puxeiros para reparar un tramo danado por infiltracións de auga

A Deputación está a acometer obras de emerxencia para reparar un tramo curvo, situado no Km 3 da estrada provincial EP-26001 Mos-Puxeiros, onde se estaba a producir un afundimento do firme e a afectación do muro de contención.

As axudas da Xunta ao sector da hostalería en Redondela, no Val Miñor e no Val da Louriña, cífranse en preto de 6,5 millóns...

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou que o Goberno galego xa abonou 6,5 millóns de euros das axudas concedidas ao sector da hostalería na área de Vigo.

Un lume causa danos materiais nunha empresa do polígono da Granxa

Un lume probablemente ocasionado por un curtocircuíto causou danos materiais de consideración nunha empresa do Polígono Industrial da Granxa nun suceso acaecido a pasada noite.

Relevo no PP do Porriño, Ana María Martínez deixa o seu posto de concelleira por motivos laborais e é substituída por Ascensión Costa

O Partido Popular do Porriño deu conta da renuncia da concelleira popular Ana María Martínez Paradela por motivos persoais e laborais. Martínez Paradela formou parte da candidatura dos populares, liderada por Alejandro Lorenzo 'Caroca', nas pasadas eleccións municipais do 2019 indo no número 8 da lista; polo que agora a número 9 Ascensión Rosario Costa Táboas daralle o relevo como concelleira da oposición.

O BNG presenta emendas aos Orzamentos da Xunta que axudarían a levar adiante importantes melloras para O Porriño

Entre as emendas presentadas polo BNG está a rehabilitación ou nova construción dun centro educativo para o CEIP Fernández López, cuxas instalacións non cumpren coas necesidades estruturais básicas, fundamentalmente no que respecta á eficiencia enerxética e accesibilidade. Trátase dunha emenda presentada en máis dunha ocasión aos Orzamentos da Xunta, pero que ten sido rexeitada sempre polo PP no Parlamento Galego.

Protección Civil retirou árbores, postes, toldos e chapas derrubados polos refachos de vento

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño informa que ao longo destes días realizou diversas intervencións para retirar árbores, postes, toldos e chapas derrubados polos refachos de vento.

Denuncia sobre a presenza masiva de vehículos nos montes por parte das comunidades de montes

As comunidades de montes dos concellos de Ponteareas, Salceda de Caselas e O Porriño únense para denunciar a presenza masiva de motos, quads, todoterreos e outros vehículos nos seus montes, causando cuantiosos estragos no patrimonio natural e forestal.

Un paso máis do ‘Mos Humanizado’ co inicio inminente da obra de humanización en Guizán

O Concello de Mos continúa co seu proxecto do ‘Mos Humanizado’ que o equipo de goberno local presentara como parte do seu último programa electoral e para elo segue avanzando na súa folla de ruta neste senso.

Protección Civil de Salceda conta cun novo remolque para emerxencias

A alcaldesa, Loli Castiñeira, e representantes da Agrupación de Protección Civil de Salceda recibiron de mans do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, un novo remolque de emerxencias para incorporar aos equipamentos da agrupación de voluntarios e voluntarias.

O sector da imaxe persoal de Salceda súmase á protesta estatal que reclama a baixa do IVE

A Praza do Concello de Salceda de Caselas foi escenario, onte, da protesta dos e das profesionais do sector da imaxe persoal do municipio (salóns de peiteado, baberías, salóns de estética...) que, con esta iniciativa, sumábanse á reclamación a nivel estatal da rebaxa do IVE ao 10 %.

A Fundación La Caixa e a Escola de Fútbol Denis Suárez, xuntas polo deporte e a infancia

Responsables da Fundación La Caixa visitaron as instalacións do campo de fútbol do Penedo Redondo en compaña de representantes da Escola de Fútbol Denis Suárez ademais de pola alcaldesa, Loli Castiñeira, o concelleiro de Deportes e o arquitecto municipal.