Martes, 10 Decembro de 2024

O Porriño

Actividade musical no Porriño para persoas usuarias do servizo de teleasistencia da Deputación

O Pavillón Municipal de Deportes do Porriño (rúa Donantes de Sangue s/n) acolle este xoves 7 de novembro ás 12 horas unha nova actividade musical dirixida a usuarios e usuarias do servizo de teleasistencia domiciliaria dos concellos do Porriño e Mos. O obxectivo principal desta iniciativa, promovida cada ano pola Deputación, é favorecer as capacidades cognitivas das persoas maiores, o contacto social e previr situacións de illamento e soidade a través da música.

A veciñanza do Porriño aínda pode solicitar un composteiro individual

O Concello do Porriño recibiu 80 composteiros individuais del Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra que se almacenan no Multiusos de Torneiros ata que sexan repartidos próximamente entre veciños de O Porriño que os solicitaran para as súas vivendas. O prazo para pedirllos ainda está aberto e pódese rechear a solicitude no rexistro do Concello.

O BNG traballará para que ACEESCA quede no Porriño

O Bloque Nacionalista Galego,a través do seu portavoz municipal no Porriño, Pedro Pereira, trasladoulle á xerencia de ACEESCA o compromiso dos nacionalistas para traballar co obxectivo de manter as súas instalacións no concello do Porriño, como xa o fixera noutras ocasións.

O Porriño concede ao Pontellas unha achega extraordinaria para afrontar a eliminatoria da Copa

David Alonso, concelleiro de Deportes informou hoxe de que o goberno municipal porriñés acordou outorgar unha achega extraordinaria de 4.000 € ao C.D. Pontellas....

Alcaldesa do Porriño e empresarios tratan das melloras de tráfico no polígono da Granxa

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, mantivo unha reunión cunha representación empresarial do Polígono de A Granxa de cara a estudar diversas melloras que implementar no ámbito dese recinto industrial para aliviar a presión de tráfico rodado que soporta.

O Goberno do Porriño desbloquea o pago de facturas por preto de 1,7 millóns de euros

O goberno municipal do Porriño, cos votos dos concelleiros do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera, acadou desbloquear parte dos pagos pendentes de facturas que se viñan arrastrando desde hai tempo. Do total que se levaba a aprobación plenaria acadouse aprobar os pagos de case que 1,7 millóns de euros.

O «Pinchorriño» ofrece dende o venres 36 tapas diferentes aptas para celíacos e con oferta vegana

Juana Pérez, presidenta da asociación de comerciantes porriñeses “ACIPOR”; os concelleiros Sergio Casal e David Alonso, en representación do goberno municipal e media duzia de hostaleiros en representación dos 36 que participarán, protagonizaron hoxe a presentación do «XIV Pinchorriño» que comeza pasado mañá venres 1 de novembro.

Luz verde para que o treito da N-120 que pasa por Cans sexa de titularidade municipal

Eva García, alcaldesa de O Porriño solicitará á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia unha entrevista para abordar a inminente cesión ao Concello do tramo da N-120 ao seu paso por Cans, unha vez que o Ministerio de Fomento manifestou por carta a súa disposición de “abordarla satisfactoriamente”.

O Porriño tala outras catro árbores do Parque do Cristo

Persoal e maquinaria da concesionaria 'Ascan' co apoio de funcionarios e técnicos do Concello do Porriño realizaban hoxe a tala de outras catro árbores...

O Porriño estuda colaborar co Pontellas para súa eliminatoria da Copa do Rei fronte ao Tolosa

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada polo concelleiro de Deportes, David Alonso, mantivo hoxe unha reunión con Marta Costas, presidenta do Club Deportivo Pontellas de cara a estudar a solicitude de axude loxística e económica realizada pola directiva do club porriñés, para poder afrontar "a histórica participación do C.D. Pontellas na Copa do Rei".

Eva García lamenta que “por quinto ano consecutivo” os Orzamentos da Xunta destinen

A alcaldesa, Eva García de la Torre denunciou hoxe que “por quinto ano consecutivo castigase a Porriño con cero euros de inversión nos Orzamentos Xerais de Galicia”. Segundo o proxecto presentado pola Xunta ante o Parlamento, non aparecen ninguna partida orzamentaria para Porriño para 2020.

O BNG do Porriño considera “innecesarios” vehículos de alta gama para servizos municipais

O BNG do Porriño, que considera que o parque de vehículos dos servizos municipais de obras, xardinería e mantemento "precisaba dunha renovación" puntualiza que os prezos e as necesidades marcadas polo Concello na redacción dos pregos de condicións, "son superiores ás verdadeiramente necesarias".