Venres, 4 Xullo de 2025

O Porriño

A Xunta licita a rehabilitación integral do instituto IES Pino Manso do Porriño

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe o instituto IES Pino Manso, no Porriño, onde a Xunta vén de licitar o proxecto de rehabilitación integral por máis de 1,2M€.

Inician as obras de mellora do firme na PO-510 ao seu paso polo concello do Porriño

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desprazouse ata o concello pontevedrés do Porriño para supervisar o inicio das obras de mellora do firme na PO-510.

O Porriño presentou “Trivium”, un concurso de ‘Trivial’ sobre o coñecemento do municipio

"Trivium Porriño" será un xogo xigante similar ao 'Trivial'. pero personalizado na vila, para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre O Porriño.

O Concello do Porriño pecha o punto de información catastral sen ofrecer axuda técnica

Tan só un mes despois de abrir o punto de información habilitado no Concello do Porriño para atender as consultas dos veciños sobre o incremento da valoración catastral; o goberno anuncia o seu peche.

A Policía Local do Porriño desarticulou un grupo que se dedicaba ao roubo en vivendas e vehículos

Axentes da Policía Local detiveron a tres mozos, veciños do Porriño, que formaban un grupo moi activo aos que se lles responsabiliza de diversos roubos en vivendas e tamén no interior de vehículos acaecidos no Porriño nos últimos días.

Volve o Festival de Cans ao Porriño

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu a presentación da 18ª edición do Festival de Cans, onde defendeu o interese estratéxico destes eventos para o sector, así como para as localidades e comarcas nas que se celebran.

Máis de 250 participantes daranse cita no I Torneo Internacional de Tenis de Mesa Concello do Porriño

A alcaldesa, Eva García xunto co concelleiro de Deportes, David Alonso presentaron onte a primeira edición do 'Torneo Internacional de Tenis de Mesa Concello do Porriño', acto no que tamén estaban presentes José Luis Cabaleiro, presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa e directivos do Club de Tenis de Mesa CRC Porriño e do Círculo Recreativo Cultural, lugar onde se realizou a presentación.

O Porriño presenta a segunda edición do festival ‘Sons da Canteira’

A alcaldesa do Porriño, Eva García e a concelleira de Cultura, Cami Moreira presentaron hoxe a segunda edición do Festical 'Sons da Canteira' que terá lugar o sábado 28 de agosto. A canteira en restauración de Vilafría, en Atios volverá ser o anfiteatro natural onde se celebrará este evento promovido polo Concello do Porriño.

Eva García critica que a Xunta “volva a penalizar á hostalaría do Porriño” que so poderá traballar co 30 % de aforamento no interior

O Porriño é un dos concellos da área de Vigo que se atopa en nivel alto de restricións e, como consecuencia, a hostalería do municipio tan só poderá traballar co 30 % do aforamento no interior dos locais a partires das 00:00 deste martes 17.

O Porriño traballa nos protocolos de seguridade para a segunda edición de ‘Sons da Canteira’

A concelleira de Festas do Concello do Porriño, Cami Moreira, presidiu na mañá de hoxe lunes, 9 de agosto, unha reunión de traballo de cara a establecer os protocolos de seguridade para o II Festival 'Sons da Canteira', evento organizado polo Concello do Porriño, que volverá o próximo 28 de agosto á canteira de Vilafría, en proceso de restauración.

O xulgado cualifica de “irregular, masiva, descontrolada e xeralizada” a contratación no Concello do Porriño

O xulgado do Contencioso–Administrativo Nº1 de Pontevedra vén de cualificar a contratación do Concello do Porriño como “irregular, masiva, descontrolada y generalizada en los últimos años”. Así o reflexa nunha sentenza na que condena á administración local a aboar máis de 6.000 euros a unha empresaria que acordou, co entón concelleiro de festexos, David Alonso, unha actuación da Orquestra América de Vigo na festa pre fin de ano do 2019.

Hoxe comezou a limpeza da fachada e o arranxo da cuberta do Concello do Porriño

Operarios da empresa “Naturgalia” comezaron hoxe a hidro limpeza das fachadas do Concello, iniciando os traballos polo lateral do edificio consistorial que cara á rúa Antonio Palacios.