Sábado, 5 Xullo de 2025

O Porriño

O PP do Porriño denuncia o abandono que sofre o parking da Avenida de Galicia

Os populares do Porriño denuncian “o abandono e deficiencias” que sofre o aparcadoiro da Avenida de Galicia, “no que se están incumprindo de xeito grave” os pregos polos que se adxudicou a concesión en 2004, e durante 40 anos, á empresa Cota 7 servizos e inversións S.A.

Cambios de localización dos actos das Festas do Cristo do Porriño

Por mor da mala previsión meteorolóxica para as Festas do Cristo do Porriño, as localizacións dos diversos eventos veranse afectados.

Complétase a limpeza exterior da Casa do Concello do Porriño

O pasado mes de agosto deron comezo, no Porriño, as tarefas de limpeza das fachadas do Concello, iniciando os traballos polo lateral do edificio consistorial que cara á rúa Antonio Palacios.

O Porriño está a piques de rematar as obras do Camiño de Casal de Vello, en Torneiros

A construtora "Covsa", adxudicataria do proxecto de mellora, está a piques de rematar a pavimentación do Camiño de Casal de Vello, na parroquia de Torneiros, no Porriño.

As eliminatorias pendentes do “Trivium Porriño” cambiarán de localización

A Concellería de Festexos informa que, debido á previsión meteorolóxica, decidiu cambiar o lugar onde se celebrarán as dúas próximas quendas de clasificación do xogo "Trivium Porriño", previstas para o venres 24 e o sábado 25.

Clasificadas as dúas primeiras parellas para a final do “Trivium Porriño”

Esta fin de semana clasificáronse as dúas primeiras parellas nas probas de eliminación para acceder á final do concurso TRIVIUM PORRIÑO que terá lugar o vindeiro sábado 2 de outubro.

‘Makinotka’, gañador da segunda edición da batalla de debuxantes ‘improvisdado’

A segunda edición da 'Batalla de Debuxantes Improvisdados', celebrada no Parque do Cristo, concluíu coa vitoria de 'Makinoteka', artista madrileño, por decisión do xurado do certame. A segunda posición foi para 'Sedo', de Vigo e o terceiro posto para 'Dusem', de Ourense. Os tres finalistas restantes do concurso foron 'Tremze' (Francia); Tamara Baz (A Guarda) e 'BTO' (Madrid).

O PP do Porriño chama a atención sobre as catro modificacións sobre os orzamentos prorrogados do ano 2018 por máis de 2 millóns de...

No pleno celebrado este mércores 15 de setembro, o goberno municipal do Porriño presentou catro modificacións orzamentarias sobre os orzamentos prorrogados que se elaboraran no ano 2018. O importe destas modificacións supera os dous millóns de euros en total. Deste xeito, explica o portavoz do Grupo Popular, Alejandro Lorenzo, "o Concello do Porriño continúa, case catro anos despois, sen presentar proposta orzamentaria algunha".

O Porriño prepárase para vivir unha nova edición da feira de oportunidades ‘Merca na Rúa’

Sergio Casal, concelleiro de Comercio e Noelia Conde, xerente da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) presentaron onte a vixésimo cuarta edición da feira de oportunidades 'Merca na rúa' que terá lugar a vindeira fin de semana do sábado 11 e domingo 12 de setembro, co patrocinio del Concello do Porriño.

EU Son cualifica ao Porriño como “cidade inimiga da infancia e das persoas maiores”

O grupo municipal de EU Son O Porriño, logo do recoñecemento do municipio por parte da UNICEF como 'Cidade amiga da infancia' e aspirante a 'Cidade amigable coas persoas maiores' –previo pago de traballos de consultoría de máis de 10.000 €, que unha vez acadada a distinción colócanse os letreiros que dan fe–, vén de asegurar que os feitos amosan unha realidade ben distinta polo que non dubida en cualificar ao municipio como "cidade inimiga da infancia e das persoas maiores".

A alcaldesa do Porriño agarda manter unha reunión de traballo coa nova presidenta da ADIF

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, remitiulle onte un escrito a María Luisa Domínguez, nova presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), na que a rexedora local expresáballe a súa felicitación polo seu recente nomeamento, consecuencia da última remodelación ministerial realizada polo presidente do Goberno.

O “Rías Baixas Film Fest” da Deputación recibe setembro co Festiva de Cans

O mes do setembro non fai que a cultura e o deporte decaian na provincia, de feito, esta semana a Deputación ten programadas ata 14 accións para un total de nove municipios.