O Plan Integrado de Emprego do Porriño xa está en marcha cun obxectivo moi claro: mellorar a ocupabilidade e a promover a inserción laboral dun centenar de porriñeses/as. Nesta iniciativa de emprego e formación, promovida pola Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, participan 100 persoas desempregadas, que ao longo dun ano recibirán de información, orientación e asesoramento para a búsqueda de emprego.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe no Porriño na presentación das actividades impulsadas polo Concello do Porriño para celebrar o Ano Palacios, unha efeméride á que se suma a Xunta de Galicia e que inclúe xornadas, roteiros e visitas culturais a localidades onde o arquitecto traballou e conservan o seu legado.
Este luns darán comezo os traballos de mellora e impulso da Praza de Abastos do Porriño, unha intervención moi demandada por praceiros/as e usuarios/as que reimpulsará o que debe ser o centro neurálxico do comercio porriñés. Praceiros e praceiras, xunto con persoal do Concello ultiman estes días o traslado dos seus postos para abrir a partir da semana que ven na carpa habilitada no exterior na que actividade continuará mentres se desenvolven as obras
No Porriño xa está todo listo para dar a benvida ao Entroido e desta vez dunha maneira moi especial: co acendido das primeiras Luces de Entroido que dará paso a unha semana de festas con propostas para todas as idades, música, animación moita cor e ritmo. Será hoxe ás 19 h na praza Arquitecto Antonio Palacios e os encargados de premer o botón que acenderá a vila serán os nenos e nenas gañadores do III Concurso de Carteis de Nadal.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Xuventude, que dirixe Antonio Barros, fai un chamamento para as familias, as persoas maiores de 18 anos ou menores acompañados que estean interesadas en botar unha man, participen como voluntarias/os na plantación de árbores, actividade de restauración ambiental que ten como obxectivo a recuperación do ecosistema fluvial do río Couso, no seu treito final antes de chegar ao río Louro.
O Concello do Porirño acolleu o acto de entrega dos premios ás persoas gañadoras da Ruta de pinchos e tapas «D·Gusta Porriño 2023», organizada por Ahospor en colaboración co Concello do Porriño.
O BNG acadou o voto unánime do pleno da corporación municipal para esixir melloras na atención do Centro de Saúde do Porriño. Hai tan só tres meses, o Partido Popular e a propia concelleira de Política Social negaba a saturación das axendas no Porriño, cando ata a propia Xunta de Galicia recoñeceu no Plan Local de Saúde 2023-2026 que existían necesidades sanitarias non cubertas, con cupos por riba das ratios recomendadas.
O Concello do Porriño pon en marcha este Nadal unha nova iniciativa pensada no sector da poboación máis maior. Trátase dun autobús que percorrerá a vila para que as persoas de 65 anos en adiante poidan contemplar a iluminación e decoración de Nadal dun xeito máis cómodo e confortable.
O Porriño prepárase para despedir o 2023 por anticipado. Un ano máis, o Concello organiza unha xornada, a deste sábado 30 de decembro, chea de actividades para todas as idades e xa dende a mañá.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, acompañada pola xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, do director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, e do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, constatou esta semana o avance das obras de mellora no centro de saúde do Porriño.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, asinaron este mércores un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030.
O Centro Sociocomunitario do Porriño acolleu onte a última sesión do programa de prevención do deterioro cognitivo “Cultiva a mente”, organizado polo Concello do Porriño e Afaga.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.