O Concello do Porriño, a través da Concellería de Comercio que dirixe Antía Carrera, convoca o seu primeiro concurso de escaparates de Nadal dirixido ao comercio e hostelería local.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentenza datada o 14 de novembro de 2022, vén de rexeitar o recurso de casación interposto polo concello do Porriño contra a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra de 22 de marzo deste ano, e ratifica tanto a de apelación como a sentenza de primeira instancia do xulgado nº 3 do Porriño de 28 de febreiro de 2018. E faino dun xeito contundente: "as canteiras ubicadas no monte Carrascal e Laxedo son monte comunal sen ningún xénero de dúbidas".
O IES Ribeira do Louro acolleu onte a entrega do V Premio Vidal Bolaño, que este ano recoñeceu a José Luis Baños de Cos pola súa obra “Lume”, unha obra moi acaída pola temática e pola linguaxe empregada para a súa representación ou lectura nos centros de ensino secundario.
O Porriño celebrou onte o aniversario da súa veciña máis lonxeva, Bienvenida Lorenzo, que cumpriu un século de vida. Non todos os días se cumpren 100 anos e tampouco é doado alcanzar esa idade en boas condicións para disfrutar da celebración como fixo Bienvenida.
O Centro Tecnolóxico do Granito acolleu esta mañá unha reunión de traballo entre Concello do Porriño, Xunta de Galicia, IES Ribeira do Louro e Cluster do Granito para valorar e tratar posibles melloras no recén implementado ciclo de grao medio de Pedra natural na modalidade Dual que se está a desenvolver no instituto porriñés.
O Concello do Porriño proxecta a ampliación do punto limpo municipal, sito no polígono industrial de A Granxa. A actuación requerirá unha inversión de 144.000 euros, dos cales 129.000 euros serán asumidos pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
O Porriño acolleu a xornada final da XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado. Máis de 120 deportistas déronse cita no polideportivo municipal para pechar a clasificación da competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.
O Festival de Cans e o Concello do Porriño promoven este ano unha nova edición de Cinemaldea, unha iniciativa que achegará ás zonas rurais do municipio unha selección das curtametraxes premiadas na última edición.
A xa tradicional Noite do Calacú organizada pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián chega este ano á súa XVII edición, consolidando unha celebración que se remonta aos anos 50-60.
O Concello do Porriño formalizou, despois dunha negociación iniciada xa polo anterior goberno municipal, contratos de arrendamento de varias fincas na rúa Leandro Diz, para destinalas a aparcadoiro de vehículos ou outros usos de interese público. Estes terreos de terra carecen a día de hoxe dun pavimento regular, dunha iluminación axeitada e en gran parte dos mesmos prodúcese unha acumulación de auga que impide o uso para o que foron arrendados.
A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, vén de sacar a licitación o proxecto de saneamento para o núcleo de Picouzo, na parroquia de Budiño. “O proxecto contempla a conexión da zona coa rede xeral de abastecemento e saneamento para o cal se instalarán catro grandes colectores de 542, 404, 370 e 1.010 metros máis colectores de sección de tramos que suman preto de 2 quilómetros máis de tuberías”, explicou o concelleiro Ramón Porto.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.