Martes, 1 Xullo de 2025

O Porriño

Feira no Porriño o 1 de novembro

O próximo 1 de novembro celebrarase no Porriño a feira ambulante. A pesar de ser festivo, mantense a celebración do mercadiño na nova ubicación.

A proposta do goberno do Porriño para a reducción de impostos non consigue respaldo no pleno

A proposta de reducción de impostos que o Goberno Municipal levaba a pleno a fin de aliviar o esforzo fiscal das familias e empresas porriñesas non conseguiu o respaldo dos grupos da oposición.

A tormenta causa numerosos desperfectos no Porriño

Operarios municipais atenderon os últimos días decenas de incidencias provocadas pola treboada da pasada fin de semana, que afectou ao alumbrado público, semáforos, alcantarillado e ao firme dalgunhas vías onde xurdiron socavóns.

O Porriño, escenario da Copa Federación de Fútbol Sala Adaptado

O pavillón municipal do Porriño acollerá mañá a Copa Federación de Fútbol Sala Adaptado organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.

A biblioteca do Porriño recibe o premio da Innovación Bibliotecaria de Galicia

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o proxecto “Acompañando na aventura de crecer: Xornadas para familias e profesionais”, da Biblioteca Municipal do Porriño, co V Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia.

O Porriño licita a mellora do vial e parque de Vilafría

O Concello do Porriño saca a licitación dun vial municipal en Vilafría, que dende hai anos se atopan en mal e estado e precisan dunha rehabilitación integral do pavimento.

Comeza a funcionar a Aula UNED do Porriño

A Aula UNED do Porriño abre a inscrición nos seus dous primeiros cursos de extensión universitaria.

As obras de restauración da capela do Cristo comezarán antes de seis meses

As obras de reconstrución da Capela do Cristo darán comezo nos próximos meses. O Concello do Porriño concedeu a licencia de obra á Diócese de Tui-Vigo para o comezo dos traballos de reparación da cuberta do templo antes de seis meses.

A aula UNED do Porriño a piques de abrir as súas portas

A aula UNED do Porriño xa é unha realidade e abrirá as súas portas nos próximos días. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o director do campus noroeste e centro asociado da UNED en Pontevedra, Víctor González, asinaron o convenio para o inicio da actividade desta sede universitaria no municipio o presente curso 2022/2023.

Sete axentes da Policía Local do Porriño reciben a medalla ao mérito policial

Sete axentes da Policía Local do Porriño recibiron onte a Medalla ao Mérito Policial en recoñecemento ás actuacións excepcionais en acto de servizo pola súa intervención na explosión da pirotecnia da parroquia tudense de Paramos, en maio do ano 2018, na que faleceron dúas persoas e provocou numerosos danos persoais.

O Porriño alberga a exposición fotográfica da AECC “50 anos cambiando a historia do cancro”

Desde a Fundación Científica da Asociación Española Contra o Cancro levan 50 anos mellorando a vida das persoas con cancro con máis investigación. Sen dúbida a AECC converteuse nun axente social clave na loita contra esta enfermidade.

O Porriño rehabilitará os polígonos residenciais de Torneiros

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e as concelleiras Antía Carrera e Carolina González, mantiveron onte unha reunión coa veciñanza dos polígonos residenciais de Torneiros e a Asociación de Veciños de Torneiros para determinar as necesidades dos bloques de vivendas da zona declarada como `Entorno Residencial de Rehabilitación Programada´.