9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño licita as obras de conexión á rede de saneamento do...

    O Porriño licita as obras de conexión á rede de saneamento do Picouzo

    O proxecto, que conta un orzamento base de preto de 350.000 euros, permitirá conectar á rede xeral 29 vivendas, dando servizo a máis dun centenar de veciños, e ao CEIP Cruz Budiño. O prazo de presentación de ofertas remata o 21 de novembro.

    A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, vén de sacar a licitación o proxecto de saneamento para o núcleo de Picouzo, na parroquia de Budiño. “O proxecto contempla a conexión da zona coa rede xeral de abastecemento e saneamento para o cal se instalarán catro grandes colectores de 542, 404, 370 e 1.010 metros máis colectores de sección de tramos que suman preto de 2 quilómetros máis de tuberías”, explicou o concelleiro Ramón Porto.

    “Esta é unha actuación importante, xa que permitirá conectar á rede 29 vivendas e o colexio de Budiño, o que supón que beneficiará máis dun centenar de veciños e veciñas”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo, “Pero non é a única. No Porriño gran parte da veciñanza non dispón aínda de conexión á rede de saneamento pese a ter dereito a este servizo. Por iso elaboramos unha planificación global para poder avanzar dun xeito máis eficaz cara a execución total da rede. Reafirmo o meu compromiso, é unha cuestión prioritaria”.

    A obra conta cun orxamento base de 347.953,20 euros. O prazo para a presentación de ofertas está aberto e o prazo o 21 de novembro e conta cun prazo de execución de tres meses desde a súa adxudicación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.