9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO TSXG ratifica que as canteiras de Atios, no Porriño, son monte...

    O TSXG ratifica que as canteiras de Atios, no Porriño, son monte comunal

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentenza datada o 14 de novembro de 2022, vén de rexeitar o recurso de casación interposto polo concello do Porriño contra a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra de 22 de marzo deste ano, e ratifica tanto a de apelación como a sentenza de primeira instancia do xulgado nº 3 do Porriño de 28 de febreiro de 2018. E faino dun xeito contundente: “as canteiras ubicadas no monte Carrascal e Laxedo son monte comunal sen ningún xénero de dúbidas”.

    Comuneiros e veciñanza de atios cualifican a sentenza como “histórica” e da unha labazada xurídica aos argumentos sostidos no recurso polo avogado do concello e “deixa en evidencia ao alcalde e ao grupo municipal do PP do Porriño”. Lembran os comuneiros que “foi persoalmente o alcalde quen decidiu presentar o recurso seguir adainte cun preito que se sabía perdido. Secundado polos concelleiros do seu partido, desoiu por dúas veces o mandato do Pleno, que por maioría votou en contra do recurso”.

    Esa postura sería á que, ao entender dos comuneiros, tería que facer que o alcalde “asumira toda a responsabilidade deste fallo xudicial, porque ademais a sentenza impón as custas á parte recurrente, é dicir ao Concello, a quen lle corresponde agora asumir o custo do preito.

    Desde un punto de vista xurídico a sentenza desbota todos os argumentos do avogado municipal criticando, en primeiro lugar, a presentación do recurso por infracción procesal, “xa que hai xurisprudencia abonda en sentido contrario e o letrado do concello debera sabelo”. En resumo, os maxistrados veñen a dicir que a sala do TSXG que analiza o caso, non é competente para ver o suposto de infracción procesal, e sostén ademais que non se vulnerou ningunha lei na sentenza de apelación ditada pola Audiencia.

    No fondo da cuestión, afirman os comuneiros, “sácalle as cores ao concello cando pretendía desmontar que o monte comunal de Atios non estaba identificado, xa que no caso de Budiño invalidouse a parte do deslinde que asinaron as dúas comunidades”. Básicamente, o TSXG di que se o caso de Budiño xa foi xulgado iso non afecta para nada á demanda de Atios, porque nada ten que ver Atios co preito da parroquia veciña e non era parte nese procedemento.

    O TSXG reforza a validez e verosimilitude das probas achegadas na demanda, tanto o informe pericial de Ángel Bravo, fundamental para o éxito do preito e que foi ratificado na vista oral polo perito xudicial solicitado polo concello; como o relato manifestado pola veciña do Carbón Ramona Maceira, a única que a xuiza do Porriño deixou comparecer na sala para dar testemuña. Son probas máis que suficientes para dar por absolutamente identificado desde un punto de vista histórico e xurídico o monte Carrascal e Laxedo como de titularidade comunal dos veciños de Atios desde a noite dos tempos.

    A sentenza imponlle as custas ao concello, porque presentou un recurso cando sabía que non había argumentos para a infracción procesal, e no caso da casación, sabía tamén que non cabía unha reinterpretación da proba que quedara ratificada en segunda instancia.

    “A partir de agora Atios é dona dos seus recursos”, afirman as e os veciños e subliñan que . “seremos os veciños os que ingresemos as rendas das canteiras (veremos cantas quedan, cantas pagan e en que condicións). Ábrese unha nova etapa, que afrontaremos con prudencia e serenidade. Disporemos de máis fondos para acometer obras e subvencións”.

    Cómpre sinalar que, precisamente esa é a prioridade da Comunidade de Montes e adiantan que aí destinarán boa parte dos recursos. Malia iso, “somos conscientes que toda a parroquia ten dereito a ser beneficiada co diñeiro procedente do arrendamento das canteiras e dos terreos que ocupan as empresas. No seu momento abordaremos esas cuestións. agora toca ceLebrar este éxito hisitórico de toda a parroquia. Nos próximos días anunciaremos as decisións que se vaian tomando”, explican.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.