Esta mañá celebrouse no Pazo de Mos o Pleno Ordinario do mes de outubro no que a maioría dos puntos da orde do día foron aprobados por unanimidade dos membros da Corporación Municipal. De 9 asuntos tratados, 7 aprobáronse por unanimidade e 2 por maioría.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou a pasada semana na Axencia de Colocación de Mos o obradoiro de emprego de garantía xuvenil que se imparte na localidade co apoio da Xunta, e destacou a “oportunidade” que este tipo de actuacións brindan aos máis novos para seguir formándose e adquirir habilidades “que lles permitan axustar o seu perfil único ás especificidades do mercado laboral”.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, afirma estar “segura de que o Concello de Vigo e o seu alcalde non se atreverán a quitarlle a Pass Vigo aos cidadáns de fóra da cidade olívica, vista a sentencia do TSXG na que se deixa ben claro que a utilización do transporte de viaxeiros non pode ser discriminatoria, como tampouco poden introducirse discriminacións por razón do territorio ou da residencia (artículo 82 da lei galega), rechaza calquera tarifa que diferencie a uns usuarios de outros en razón ao lugar onde residan e declara que supón un trato desfavorecido e discriminado sendo improcedentes as vantaxes tarifarias en razón ao lugar de empadroamento”.
Polo que retirar a Pass Vigo á veciñanza non empadroada na cidade sería prevaricar, tal e como esta mañá llo explicou aos veciños dunha das parroquias mosenses interesadas, Torroso, o asesor xurídico do Concello, avogado que levou este caso, nunha xuntanza mantida nos exteriores do local social da Asociación de Veciños, coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro da parroquia de Torroso, Alberto Méndez.
A rexedora local mosense está convencida de que “o alcalde de Vigo non se atreverá a quitarnos a Pass Vigo, pero si se atreve a facelo, serán os propios veciños individualmente os que denunciarán persoándose como parte directamente afectada, e desde o Concello apoiarémolos asumindo os gastos derivados do xuízo”.
A veciñanza fundamentalmente interesada neste tema é a das parroquias de Torroso, Dornelas e Guizán, que colle diariamente o Vitrasa en Peinador.
Se as accións legais as emprende directamente a veciñanza afectada progresará a favor da mesma, porque o motivo da desestimación do recurso de apelación interposto polo Concello de Mos non é máis que unha cuestión meramente formal baseada en que a administración local mosense non ten facultades para alzarse fronte a actuacións que repercutan na esfera patrimonial dalgúns dos veciños do municipio por máis que poidan ser ilegais, nin exercitar accións en defensa dalgún grupo de veciños, para o que non ostenta lexitimación. O que quere dicir que se fosen os propios veciños afectados os que tiveran presentado o recurso, este sí houbese sido estimado.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de desestimar o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Mos ante a pretensión de Vigo de aplicar tarifas discriminatorias no transporte público urbano en función do empadroamento a través da tarxeta PassVigo.
A alcaldesa de Mos e a concelleira de Promoción Empresarial, Economía e Emprego mosense, Julia Loureiro, anunciaron hoxe dúas boas novas en materia de formación e fomento do emprego, tales como a prórroga concedida pola Xunta de Galicia de dous meses máis para o Programa Integrado de Emprego e o inicio do curso AFD de soldadura, con subvención autonómica tamén.
A Xunta de Galicia destina este ano 51.700 euros a subvencionar melloras en Comunidades de Usuarios de Augas de Mos. As 5 beneficiarias son a Comunidade de Usuarios de Augas para Usos Domésticos do Barrio de Castro-Mos, a Comunidade de Usuarios Mina do Ferreiro, a Comunidade de Augas de Torroso, a Comunidade de Augas Fonte do Pobo, e a Comunidade de Usuarios de Fonteliña.
Onte pola tarde celebrouse nos exteriores do Pazo de Mos o primeiro concerto da serie Cantando á Nosa Terra, subvencionada pola Xunta de Galicia, concretamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e organizada pola Banda de Música Xuvenil de Torroso, que nesta ocasión actuou acompañada dos cantantes Andrea Pousa e Antonio Barros interpretando, entre outros coñecidos temas da música galega, os famosos ‘Negra Sombra’, ‘Semente dun Home Sabio’ ou ‘Lela’.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e a edil mosense de Deportes, Begoña Toucedo, visitaron o venres pola tarde o Campo de Fútbol de Cototorrón, acompañados polo presidente do Club Louro Tameiga, Patricio Farrapeira, con motivo do inicio das obras con cargo ao Plan Concellos 2020 polas que se está a acometer un proxecto de cerramento, aproveitamento, e cubrición da zona común de Cototorrón.
O venres concluiu a campaña intensiva de prevención contra incendios en Mos coa finalización do contrato dos últimos brigadistas contratados durante o verán.
A campaña remata tras ter intervido nun total de 111.900 metros cadrados, preto de 12 hectáreas, e realizado 66 actuacións entre talas, desbroces, execucións subsidiarias de limpeza de fincas, prevención e mantemento de zonas forestais e incendios forestais.
A pesar da crise da Covid-19, que facía dudar ao Concello de Mos de se podería asumir a cantidade orzamentaria presupostada para adicar a axudas deportivas, a máis alta dos últimos tempos e que ascendeu de 33.100 euros en 2019 a 49.100 euros en 2020, como así llo trasladara hai uns meses aos clubes e deportistas beneficiarios das memas o equipo de goberno local; a administración local mosense estalle a gañar o pulso á crise e anunciou xa que sí está en disposición de aboar as 13 subvencións que suman preto de 50.000 euros, e que así o fará antes de que remate o ano.
Onte tivo lugar a apertura da programación municipal de actividades previas á saída dunha etapa de La Vuelta Ciclista a España 2020 desde o Pazo de Mos o 5 de novembro cunha charla ofrecida por ciclistas de recoñecido prestixio internacional entre os que se atopou o mosense Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, e embaixador de La Vuelta.
Mos está a optimizar a atención ao público e o protocolo anti COVID nos servizos sociais municipais co traslado do departamento ao Multiusos que se produciu a semana pasada. Con este cambio de ubicación elimínanse ademais barreiras arquitectónicas e increméntase a comodidade para traballadores/as e usuarios/as nestas dependencias que, debido á crise sanitaria da COVID-19, viron aumentado nun cento o número de usuarios/as que reciben.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.