A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou onte das novas medidas que se están a estudar e tramitar por parte do Concello de Mos para apoiar á hostelería local.
Actualmente o estudo é sobre nove medidas.
Ven de facerse pública a boa nova de que lles foi concedida a “Q de Calidade” ao Albergue de Santa Baia e á zona do Pazo de Mos, polo que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, felicitou encarecidamente á Fundación Pazo de Mos.
O equipo de goberno local atópase ultimando orzamento para 2021, e a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o edil de Facenda e Contratación, Alberto Méndez, veñen de anunciar que a vindeira semana entregaranlle o documento rematado aos grupos políticos da oposición para que poidan estudalo.
En plena segunda onda da crise sanitaria da Covid-19 na que se incrementaron as restriccións e, entre elas, o peche ao público da hostalería en Mos, a plataforma “Quédate en Mos. Todo ao teu alcance” posta en marcha o xuño pasado, dálle unha volta de tuerca á situación para axudarlles aos negocios que peor o están a pasar, e máis están a sufrir esta crise, a facer forzas de flaqueza e cambiar a perspectiva cara unha ollada máis positiva e optimista.
A Vicepresidenta Segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, visitou hoxe Mos xunto cos deputados nacionais Javier Bas e Diego Gago, para expoñer a enmenda que presentarán aos orzamentos do Estado para liberalizar a peaxe do tramo de 8 quilómetros Puxeiros-Porriño da AP-9 e así desviar o tráfico da A-55.
Unha muller tivo que ser evacuada polos servizos sanitarios despois de ser alcanzada polo seu propio vehículo en Mos. Ao fío das 21:30 horas, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para unha muller que acababa de ser atropelada polo seu coche despois de tentar paralo ao darse conta de que esquecera poñerlle o freo de man.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías mosense, Leo Costas, anunciaron onte que o Concello de Mos atópase en pleno desenvolvemento de todas as vías posibles para conveniar coas compañías operadoras unha solución ao bloqueo da implantación do internet de banda longa a través de fibra óptica que xa tiña comezado en Mos.
O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de iniciar oficialmente o seu curso nos centros de ensino da provincia coas actividades didácticas sobre compostaxe adaptadas ao ‘momento Covid-19’. Os obradoiros e charlas xa comenzaron a semana pasada no CEIP Atín Cela de Mos, e continuarán esta na EEI Curro, en Barro, e no CEIP Nosa Señora dos Remedios en Ponteareas.
Onte presentouse no auditorio do Pazo de Mos a exposición fotográfica ‘Namórate de ti’ baseada no curso de autoestima e empoderamento a través da fotografía impartido a 12 mulleres grazas á colaboración entre EURURAL da Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV Baixo Miño GDR 14, a Xunta de Galicia, o Concello de Mos, o CIM de Mos e a Fundación Pazo de Mos.
Un total de catro coches que circulaban pola A-55, dirección Vigo, en Petelos, á altura do concello de Mos, colidiron por alcance a tarde de onte e dúas persoas resultaron feridas.
A Xunta de Galicia destina 43.989,39 euros máis a outras 5 Comunidades de Usuarios de Augas para Usos Domésticos a través de Augas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. As 5 Comunidades beneficiarias son a C.U. Mina do Ferreiro, a C.U. Campo do Monte-Santa Marta, a C.U. de Casal, Casalmorto e Roublín, a C.U. de Pombal e Pantaño e a C.U. Os Castros.
A clase de 2º curso de Bacharelato de Artes do IES de Mos recibiu onte os seus exemplares da mascarilla oficial da etapa de La Vuelta Ciclista a España que sairá do Pazo de Mos o 5 de novembro.
A mascarilla oficial é o deseño de Ezequiel Ramos Prino, alumno gañador do concurso.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.