Martes, 1 Xullo de 2025

Mos

Mos participa no programa “Galegas Dixitais”

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Emprego e Participación Cidadá, Julia Loureiro, visitaron na Axencia de Colocación do Concello ás 25 participantes nas accións formativas enmarcadas no programa “Galegas Dixitais”.

A mosense Sheila Romay representará a Galicia en Miss España

Unha das representantes galegas no certame Miss Grand España é de Mos. A veciña mosense do barrio do Castro, da parroquia de Mos, Sheila Romay Calviño, resultou o pasado 5 de novembro gañadora (xunto con Paula Currás, de Cangas) da gala final do certame Miss Grand Galicia 2023.

Aproxímase o remate das obras da senda cicloturista Alto de Barreiro-Santiaguiño en Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou as obras da nova senda cicloturista Alto de Barreiro-Santiaguiño. Arévalo, rexedora local mosense, estivo acompañada polo seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e polo edil de Urbanismo, José Ramilo.

A Coral Ventos do Val dará o seu Concerto de Santa Icía no Multiúsos de Mos o 6 de decembro

A Coral Polifónica Ventos do Val traslada o seu Concerto de Santa Icía (Santa Cecilia) 2023 do día 3 ao 6 de decembro. Mantense a hora inicialmente prevista e o concerto dará comezo ás 18 horas no Auditorio Municipal do Multiusos das Pozas en Petelos.

Escolares de Mos, O Porriño e Redondela participan no ciclocross do programa Xogade

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, acompañou este xoves a preto de 1.300 escolares de Vigo, Mos, O Porriño e Redondela que participaron na saída do Cross Escolar celebrada en Zamáns no marco do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar).

Ouro en xestión hoteleira para a mosense Laura Pereira

Mos presume da súa campioa, medalla de ouro no Galiciaskills 2023 de Xestión de Aloxamentos Turísticos, Laura Pereira Ramilo, que se erixiu vencedora da súa categoría no 7º Campionato Galego de Formación Profesional, e representará á Comunidade Autónoma galega nestas olimpiadas a nivel nacional, que se prevé se celebren de cara a finais do vindeiro mes de abril de 2024.

A meteoroloxía non freou o domingo micolóxico en Mos, que foi un éxito

O domingo celebrouse no Pazo de Mos a clausura das XIX Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos mediante unha xornada de degustación, micromercado, música e espectáculo infantil celebrada na contorna do Pazo de Mos.

Mos subvenciona a actividade extraescolar de inglés a 200 alumnos

O Concello de Mos desenvolve a segunda edición da actividade extraescolar de inglés para o alumnado mosense, tras o éxito da primeira que tivo lugar durante o curso pasado.

O Club Xadrez Mos cumpre 10 anos de vida e celébrao nas aulas dos colexios mosenses

Un ano máis volta o xadrez ás aulas de Mos, este curso 2023-2024, como novidade, faino durante o primeiro trimestre de cara a que os escolares que se interesen pola actividade poidan pasar a formar parte do Club Xadrez Mos, entidade deportiva mosense encargada de impartir o taller nos 5 colexios mosenses.

Mos regula o horario para depositar o lixo nos colectores

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou, coa maioría dos votos a favor, a modificación da Ordenanza municipal de Medio Ambiente que regulará durante os meses de xuño a setembro o horario para desbotar o lixo nos colectores, evitando así os malos cheiros nos mesmos.

Moción conxunta de apoio aos traballadores de Faurecia

O Pleno de Mos aprobou onte por unanimidade a moción conxunta de toda a Corporación Municipal de apoio a Madera Fiber Technologies (antiga Faurecia Interior System) ante a presenza, no Pazo de Mos, dun grupo de traballadores afectados que, a través dunha representante dos mesmos, Marta Méndez Senlle, fixo lectura da devandita moción que se someteu a votación.

Mos aproba o seu maior orzamento da historia que continúa a facer a inversión máis elevada en gasto social

O Pleno do Concello de Mos vén de aprobar por maioría dos seus membros o orzamento municipal para o vindeiro ano 2024. Fíxoo en sesión plenaria ordinaria do mes de outubro celebrada onte no Pazo de Mos.