Sábado, 3 Maio de 2025

Tui

O Concello de Tui busca avanzar nas Sendas do Miño

Avanzar no proxecto da senda do Miño entre Tui e Tomiño foi o obxectivo da reunión que o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, mantivo esta semana en Pontevedra co xefe provincial de Costas, Enrique Fernández, e cun representante da Consellería de Medio Ambiente.

Tui remata o programa de maiores «Mareas de Coñecemento»

Esta semana rematou o programa de maiores «Mareas de coñecemento» impartido na cidade de Tui froito da colaboración entre o Concello tudense e a Universidade de Vigo. As persoas participantes valoraron positivamente esta actividade na que se combinou a teoría e a práctica. Así puideron coñecer un pouco máis sobre a historia de Tui e realizar un percorrido polo conxunto histórico, tamén tiveron a oportunidade a aprender sobre hábitos saudables e realizaron a senda do Lagartón.

Tui abre o «Mes da Biblioteca» coa presentación dun libro de Óscar Pazos

Este xoves, 3 de outubro, ás 20 h na 'Sala Félix Rodríguez' da Área Panorámica terá lugar a presentación do libro «A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia» de Óscar Pazos Rodríguez. Con esta presentación ábrense as actividades de animación á lectura organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Tui

II Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade Tui-Valença

O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VIII Liga Aromon Chema Sport, organizará a II Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade. Celebrarase o domingo 13 de outubro.

Afaga celebrou unha andaina solidaria no «Día do Coidador»

As 11 da mañá de hoxe partía rumbo a Tui polo Camiño portugués, a andaina solidaria organizada por Afaga, coa que se reafirmaba o compromiso coas persoas que teñen alzhéimer e as súas familias.

O PP de Tui pedirá no Pleno a creación dun Centro de Día de titularidade pública

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Tui vén de presentar unha moción, para o seu debate plenario no que buscará o apoio da Corporación Municipal de cara a que o Goberno local inicie os trámites para solicitar á Xunta "a creación no noso municipio dun Centro de Día para os nosos maiores".

Tui inicia o proceso para a lista de reserva de prazas de administrativo/a

Até o 8 de outubro pódense presentar as solicitudes para participar no proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva para o nomeamento interino de prazas de administrativo convocado polo Concello de Tui. O anuncio da convocatoria deste proceso selectivo ven hoxe publicado no BOPPO e iniciase o prazo de 10 días para a presentación de instancias.

O PP de Tui cuestiona “a conveniencia” de contratar un cargo de confianza da Alcaldía

O Grupo Municipal do PP, a través do seu portavoz José Ángel Fernández Rodríguez amosou a súa "disconformidade" coa decisión do alcalde de Tui de contratar un cargo de confianza para a xestión municipal "incrementando o gasto que supón para as arcas municipais os soldos para o goberno municipal".

‘Emprega Tui’ pon en contacto a demandantes de emprego e empresas

Máis dun centenar de persoas en situación de desemprego coñeceron hoxe de primeira man cales son as cuestión que as empresas teñen en conta nas súas ofertas de emprego e cales son os perfís máis demandados. Foi no transcurso do foro de emprego Emprega Tui que se desenvolveu na aula da UNED organizado polo Concello de Tui a través do Programa Integrado de Emprego, PIE.

Tui inviste case que 76.000 euros nos novos vestiarios e baños do ‘Álvarez Durán’

As instalacións deportivas Álvarez Durán contan con novos vestiarios e baños tras o investimento de case 76 mil euros realizado polo Concello de Tui ao longo dos últimos meses. Máis polo miúdo o concello tudense investiu preto de 70.000 euros do Plan Concellos na renovación dos vestiarios e 6.000 euros de fondos propios na renovación dos baños.

Tui aposta pola inserción laboral co Foro de Emprego ‘Emprega Tui’

O Concello de Tui organiza o próximo 17 de setembro un Foro de Emprego que baixo a denominación de 'EMPREGA Tui' ten como obxectivo achegar a realidade do mercado laboral a todas aquelas persoas que se atopan en busca de emprego e que queiran coñecer da man de expertos en selección o seu grao de empregabilidade, atendendo aos perfís profesionais e habilidades persoais que estes requiren en la selección de persoal de cada empresa.

Tui quenta motores para o ‘Festival Moteiro Eurocidade’

A cidade de Tui prepárase para vivir para unha fin de semana cargada de actividades coa celebración do 'Festival Moteiro Eurocidade' que se celebrará nas antigas instalacións da Can-fran do 20 ao 22 de Setembro baixo a organización do Motoclub Os de Sempre Tuy.