Dende onte e até o 7 de agosto pode visitarse no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica a mostra “Río Miño: memorias transfronteirizas”. A exposición está producida pola AECT Rio Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa SmartMinho financiado polo fondo europeo Interreg. Estará en Tui ata o vindeiro sete de agosto.
Unha das novidades deste verán é o autocine. A primeira proxección será este venres ás 22.30 h coa película “Grease”. Esta mañá abriuse a reserva de entradas, pero debido a un problema técnico tivo que paralizarse e volverá activarse este mércores ás 12 h, co número de prazas que quedan dispoñibles. A reserva realizarase para un coche e até un máximo de catro ocupantes, dos que se deberá facilitar os datos de contacto.
Un detido por agresión a axentes, unha denuncia por duplicar a taxa de alcohol permitida, e outras por non usar a máscara foron parte das actuacións esta fin de semana da Policía Local de Tui.
Unha maqueta cos petróglifos máis representativos do Baixo Miño, e un mapa visual onde se plasman máis de 70 elementos do patrimonio situado nas parroquias tudenses son dous dos elementos que forma para da exposición “Pérdete polo rural” que dende hoxe se pode visitar na Oficina Municipal de Turismo, na praza de San Fernando en Tui. Permanecerá aberta até mediados de agosto.
Os Sambenitos atopados nos anos 80 na Catedral de Tui, pezas destacadas do patrimonio xudeu tudense, poden visitarse de novo este verán no Museo Diocesano. No terceiro andar do edificio expóñense cinco lenzos cos 14 sambenitos dos que 10 son os orixinais e 4 son copias, xa que os orixinais atópanse agora no Museo Catedralicio.
“Volvemos á rúa!” é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende o mércores 15 de xullo.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu a visita da candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra ás próximas Eleccións Autonómicas e do secretario xeral provincial, David Regades Fernández. Cabaleiro remarcou que o mellor para Tui é que o próximo presidente da Xunta de Galicia sexa Gonzalo Caballero.
O Concello de Tui e a Zona Franca de Vigo van estudar a ampliación do Parque Empresarial de Areas. Así o acordaron esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, o delegado da Zona Franca, David Regades. Na Casa do Concello mantiveron unha reunión á que tamén asistiron os concelleiros Ana Mª Núñez, Sonsoles Vicente, Yolanda Rodríguez, Laureano Alonso, José Ramón Magán e Rafael Estévez, e técnicos de Zona de Franca
A Eurocidade Tui-Valença reclama a reapertura da vella Ponte Internacional. Así o expuxeron a carón desta centenaria infraestrutura o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indicaba que solicitan aos gobernos de España e Portugal que “procedan á apertura da vella ponte internacional, cando menos ao tráfico local e coas medidas oportunas”.
O Concello de Tui vén de ser o primeiro concello en balizar a súas praias neste verán. Está xa colocado o balizamento da praia de Areeiros en Guillarei e mañá acometerase o do Penedo en Caldelas, sinalizando deste xeito a zona de baño. No acceso ás praias colocáronse carteis informativos coas medidas preventivas da COVID19. Así recoméndase acceder calzado á praia, e no caso de Guillarei tamén ao pantalán.
Nas últimas semanas acometéronse obras de mellora da accesibilidade en distintas rúas do centro urbano tudense. En concreto actuouse sobre 12 pasos de peóns situados na rúas Casal Aboy, Lugo, Compostela, Ourense e Maristas. Nas beirarrúas para indicar a proximidade dun paso de peón colocouse un pavimento especial con losetas de cor vermello e con releve, tanto direccional coma con botóns, para facilitar a mobilidade das persoas con discapacidade visual.
A instalación de mesas e cadeiras cunha terraza na vía publica está suxeita a licenza municipal. Así o lembra o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, nun bando emitido nos últimos días, onde se indica que así o recolle o artigo 42 da lei 9/2013 de emprendemento e competitividade de Galicia modificada pola lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Aquelas terrazas que carezan de licenza deberá regularizar a súa situación e en caso contrario procederase a iniciar expediente sancionador.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.