Martes, 6 Maio de 2025

Tui

Preséntase en Tui o libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”

Este venres, 13 de xaneiro, ás 19.30 h na Biblioteca Municipal de Tui, terá lugar a presentación do libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”.

A Mancomunidade do Baixo Miño pedirá unha partida orzamentaria excepcional para os danos provocados polas choivas

Alcaldes da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño reuníronse este luns de urxencia para valorar os cuantiosos danos sufridos nos catro concellos (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui) tras o temporal e as abundantes choivas acumuladas durante a xornada de ano novo.

A exposición “O Camiño Portugués, lembranzas de mar e de pedra” foi visitada por 650 persoas en decembro

A exposición “O Camiño Portugués, lembranzas de mar e pedra” foi visitada por 650 persoas durante o mes de decembro. A mostra, que foi inaugurada o 1 de decembro, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui

A Xunta impulsa unha rede de seguimento das bolboretas no Monte Aloia

A Xunta de Galicia está a traballar no deseño e posta en marcha dunha rede de seguimento de bolboretas nos parques naturais Monte Aloia, complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregán e Vixán, e Baixa Limia-Serra do Xurés, tres espazos cunha presenza importante deste tipo de insectos.

Dispositivo especial de tráfico con motivo da Cabalgata Internacional en Tui

Tui recibirá hoxe aos Reis Magos de Oriente nunha Cabalgata Internacional que percorrerá as rúas da Eurocidade.

Tui e Valença recuperan a súa Cabalgata Internacional dos Reis Magos

Tui e Valença volverán a celebrar este xoves 5 de xaneiro a súa Cabalgata Internacional da Eurocidade. Trátase do único caso de cabalgata internacional entre España e Portugal e este ano celebrará a súa 12ª edición con 3 quilómetros e medio de percorrido.

48 nenos participaron nos campamentos de Nadal de Tui

48 nenos participaron nos campamentos de Nadal que o concello de Tui ofertou coincidindo coas vacacións escolares. Así, tanto o campamento rural na granxa escola Corazón de Carballo en Tomiño como o urbano no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui, tiveron lugar do venres 23 ao venres 30 do mes de decembro.

Hoxe comezou o planetario “Viaxando polo universo” na biblioteca de Tui

Un total de 360 persoas participarán dende hoxe ata o mércores 4 de xaneiro nas diversas sesións do “Planetario viaxando polo universo”, unha actividade de divulgación científica dirixida a todas as persoas interesadas no mundo da astronomía.

Tui despide o ano cunha intensa actividade de Nadal

Dentro da programación ‘Tui, o camiño do Nadal’, o concello de Tui continúa impulsando iniciativas para seguir festexando estas datas. A música será a protagonista hoxe á noite co Concerto de Fin de Ano, o Paseo da Corredoira acolle o Mercado de Nadal, os cativos e cativas disfrutan ao longo da semana dos obradoiros e a próxima semana dun planetario, pero amais a decoración e a iluminación destas datas son outros dos atractivos que ofrece a cidade.

Case 600 persoas participarán este sábado na I San Silvestre tudense

Tui vai despedir o ano con deporte, solidariedade, badaladas e música en directo na I San Silvestre Solidaria “Correr e Andar” en beneficio da Asociación Española contra o Cancro.

Gran acción da Policía Local de Tui tras caer unha muller por un talude

Axentes da Policía Local de Tui rescataron este martes, 27 de decembro, a primeira hora a tarde a unha muller que caera por un talude duns catro metros ao río Miño en Caldelas.

Catro agrupacións tudenses protagonizan este venres 30 o concerto de Fin de Ano

Seguindo a tradición Tui vai despedir o ano con música co Concerto de Fin de Ano que se vai celebrar este venres, 30 de decembro, ás 20.30 h no Teatro Municipal, a cargo de catro agrupacións tudenses a Banda de Música Popular de Tui, a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, a Coral Polifónica Ponte das Febres e a Coral San Telmo de Tui, e baixo a dirección artística de Eloy Carrera.