19.9 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiCase 600 persoas participarán este sábado na I San Silvestre tudense

    Case 600 persoas participarán este sábado na I San Silvestre tudense

    Tui vai despedir o ano con deporte, solidariedade, badaladas e música en directo na I San Silvestre Solidaria “Correr e Andar” en beneficio da Asociación Española contra o Cancro.

    O sábado a cita comezará ás 10.30 h no Paseo da Corredoira dende onde partirán as 597 persoas inscritas nesta primeira San Silvestre tudense organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui. A acollida a esta carreira popular – con 443 persoas adultas inscritas e 154 nenos e nenas – superou todas as expectativas da organización.  Realizarase un percorrido urbano moi sinxelo de 4 quilómetros polo conxunto histórico e a beira do Miño, no que as persoas participantes poderán ir correndo ou andando até regresar ao Paseo da Corredoira, como agasallo recibirán unha camiseta conmemorativa.

    A festa continuará con chocolatada con rosca e ás 12 h ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada tomaranse as 12 uvas. A festa continuará con música en directo a cargo de Broken Peach, o grupo vigués presentará o seu espectáculo de Nadal no que interpretarán versións de temas tan coñecidos como Let It Snow, Santa Claus Is Coming To Town, Jingle Bell Rock, Rockin’ Around The Christmas Tree ou All I Want For Christmas Is You co seu característico son.   

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.