Axentes da Policía Local de Tui rescataron este martes, 27 de decembro, a primeira hora a tarde a unha muller que caera por un talude duns catro metros ao río Miño en Caldelas.
Os feitos tiveron lugar no lugar de O Cachón na parroquia tudense de Caldelas este pasado martes pasadas as dúas da tarde cando a muller tentando rescatar a un dos cans caeu polo talude sendo incapaz de saír. Foi unha veciña que a acompañaba a que deu a voz de alarma ao 112, que a súa vez trasladou o aviso á Policía Local de Tui.
A patrulla ao chegar ao lugar atopouse a muller co auga polo nocellos nunha zona de moi difícil acceso á beira do río, coas paredes de apoio estaba moi esvaradizas ao ter terra blanda e solta. Os axentes empregaron cordas e arneses para poder acceder ao lugar e rescatar tanto á muller coma aos seus tres cans. Até o lugar acudiron tamén os Bombeiros do Baixo Miño, aínda que non foi precisa a súa intervención xa que os axentes da Policía Local xa tiñan completado o rescate. Non foi precisa a intervención dos servizos sanitarios nin da Garda Civil que foran tamén alertados.